Soño dunha noite de San Xoán
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
- Este artigo é sobre a obra de teatro. Sobre o filme, véxase O soño dunha noite de San Xoán (filme)

Estudo de Joseph Noel Paton.
Soño dunha noite de San Xoán[1] (en inglés: A Midsummer Night's Dream) ou Un soño de verán[2] é unha obra de teatro en lingua inglesa escrita entre 1595 e 1600 por William Shakespeare.
Foi traducida ao galego en 1989 e publicada pola Xunta de Galicia, conxuntamente co Mercader de Venecia. Ademais, foi levada ao cinema nun filme de animación galego dirixido por Ángel de la Cruz e Miguel Gómez Pereira.