Victor David Brenner
Victor David Brenner | |
---|---|
![]() Retrato de Brenner. [1] | |
Nacemento | 12 de xuño de 1871 |
Šiauliai | |
Falecemento | 5 de abril de 1924 |
Nova York | |
Área | Escultura, deseño e gravado de moedas e medallas. |
Educación | Cooper Union. |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
[ editar datos en Wikidata ] |
Victor David Brenner (chamado orixinalmente Avigdor David Brenner),[2] nado en Šiauliai, Lituania, o 12 de xuño de 1871 e finado en Queens, Nova York, o 5 de abril de 1924, foi un escultor, diseñador e gravador de medallas e de moedas estadounidense de orixe lituana, coñecido por ser o autor da moeda dun centavo de dólar Lincoln.
Brenner acadou a nacionalidade estadounidense o 27 de abril de 1896.[3]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]
Victor David Brenner naceu o 12 de xuño de 1871 na vila de Šiauliai, na parte do Imperio Ruso correspondente á actual Lituania,[4] nunha familia xudía, fillo de Sarah Margolis e de George Brenner. O seu avó era ferreiro e o seu pai un experto na talla ornamental e no gravado.[3]
Desde os 13 anos, Brenner comezou a formarse no oficio do seu pai, ata que en 1890, aos seus 19 anos, emigrou cara a América e asentouse en Nova York.[5] Alí comezou a traballar como gravador de selos e de xemas, e continuou a súa formación asistindo ás clases nocturnas na Cooper Union.[3][6]
En Nova York comezou tamén a afección á numismática de Brenner, quen en 1894 se afiliou á American Numismatic and Archaeological Society e en 1902 á American Numismatic Association.[2][5]
Carreira como gravador[editar | editar a fonte]

En 1899, oito anos despois da súa chegada a América, cando deu aforrado o suficiente, marchou a París para perfeccionar os seus coñecementos no gravado artístico dos metais da man de —entre outros— Louis Oscar Roty,[5] na Académie Julian. Nesa cidade comezou a expor a súa obra e acadou os seus primeiros premios na Exposición Universal de París de 1900.[3][6]
Á súa volta a Nova York a súa carreira comezou a prosperar, ata o punto de que o presidente Theodore Roosvelt visitou o seu estudio para posar para unha medalla encargada a Brenner sobre a Canle de Panamá. Durante esa visita, o presidente quedou abraiado cunha plaqueta de Breener que representaba o busto de Abraham Lincoln, e ese foi o xerme da posterior encarga da obra máis representativa do gravador: o centavo Lincoln.[3][7]
Brenner morreu en Nova York o 5 de abril de 1924 en Nova York, e o seu corpo foi soterrado no cemiterio Mount Judah, en Ridgewood, Queens.[4]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- (1922): Premio Sanford Saltus de Medalla, da American Numismatic Society, de Nova York.[8]
Obra[editar | editar a fonte]
O centavo Lincoln[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Moeda dun centavo de dólar Lincoln.

A obra pola que Brenner é máis recoñecido é o centavo Lincoln. Brenner convertérase nun dos principais medallistas do país e o presidente Roosevelt, que coñecía o seu talento, quería dedicarlle unha moeda a Lincoln co busto que vira na plaqueta de bronce do seu estudio,[2] baseada na fotografía de Mathew Brady, un fotógrafo de principios da Guerra Civil.[7]
Así as cousas, Roosevelt ordenou que se emitise unha nova moeda dun centavo baseada na obra de Brenner, para conmemorar o centenario de Lincoln en 1909. No seu primeiro ano de emisión, incorporáronse no exergo do reverso as iniciais de Brenner (V.D.B.), mais ao pouco tempo retiráronse, por considerárse demasiado prominentes, e en 1918 foron recuparadas, esta vez no truncamento do ombreiro do anverso.[2][7][10][11]
Outros traballos[editar | editar a fonte]

Entre a restante produción artística de Victor Brenner pódense salientar as seguintes obras:[5][6]
- Medalla de Muhlenberg (1896), emitida pola American Numismatic and Archaeological Society).[13]
- Medalla de Muhlenberg Medal (1896), emitida pola American Numismatic and Archaeological Society).[14]
- Plaqueta co retrato de Fridtjof Nansen (1897).[15]
- Medallón co retrato de Clovis Delacour (1899).[16]
- Medallón co retrato de J. Sanford Saltus (1900).[17]
- Selo da Biblioteca Pública de Nova York (1903).[18]
- Medallón co retrato do Príncipe Henrique de Prusia (1902).[19]
- Plaqueta co retrato de John Paul Jones (1906).[20]
- Plaqueta co retrato de Abraham Lincoln (1907).[12]
- Plaqueta co retrato de Katrina Trask (1907).[21]
- Escultura do busto de Charles Eliot Norton (1907).[22]
- Plaqueta co retrato de Carl Schurz (1908).[23]
- Escultura monumental A Song to Nature (1918), na praza Schenley, da Universidade de Pittsburgh.[24]
-
Plaqueta de Fridtjof Nansen (1897).
-
Medallón de Clovis Delacour (1899).
-
Plaqueta de J. Sanford Saltus (1900).
-
Medallón do Príncipe Henrique de Prusia (1902).
-
Selo para a Biblioteca Pública de Nova York (1903).
-
Plaqueta de John Paul Jones (1906).
-
Busto de Charles Eliot Norton (1907).
-
Plaqueta de Katrina Trask (1907).
-
Plaqueta de Carl Schurz (1908).
-
A Song of Nature (1918), en Pittsburg.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "V.D. Brenne"". Library of Congress.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 McMorrow-Hernandez, J. (2020). "Victor David Brenner & His Lincoln Cent". Professional Coin Grading Services (PCGS).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Baranauskas, E. W. (2000).
- ↑ 4,0 4,1 "Victor David Brenner". Findagrave.com
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Forrer, L. (1904). Páxina 277.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 "The Lincoln Cent and his Maker". En Harper's Weekly. Vol. 53. 21 de agosto de 1909. Páxina 24.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Margolick, D. (2007). "Penny Foolish". En The New York Times. 11 de febreiro.
- ↑ "The Saltus Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "1 Cent "Lincoln - Wheat Ears Reverse"". Numista.com
- ↑ "The Lincoln Cent and his Maker". En Harper's Weekly. Vol. 53. 21 de agosto de 1909. Páxina 24.
- ↑ "Coin Designer Profiles: Victor David Brenner". En Coin Week. 4 de agosto de 2015.
- ↑ 12,0 12,1 "Abraham Lincoln 1907". Metropolitan Museum of Art.
- ↑ "The William Augustus Muhlenberg Medal 1896". Metropolitan Museum of Art.
- ↑ "The William Augustus Muhlenberg Medal 1896". Metropolitan Museum of Art.
- ↑ "Fridtjof Nansen 1897". Metropolitan Museum of Art.
- ↑ "Clovis Delacour 1899". Metropolitan Museum of Art.
- ↑ "J. Sanfor Saltus 1900". Metropolitan Museum of Art.
- ↑ "Hahlo-2, The New York Public Library Seal". American Numismatic Society.
- ↑ "Prince Henry of Prussia 1902". Metropolitan Museum of Art.
- ↑ "John Paul Jones 1906". Metropolitan Museum of Art.
- ↑ "Katrina Trask 1907". Metropolitan Museum of Art.
- ↑ "Object Number 1907.3". Harvard Art Museums.
- ↑ "Carl Schurz 1907". Metropolitan Museum of Art.
- ↑ "A Song of Nature, by Victor David Brnner 1918". University of Pittsburg.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Victor David Brenner ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Baranauskas, E. W. (2000). "Profiles:Brenner of Baranauskas?: Unraveling the mistery of the name and origin of the designer of the Lincoln penny". En Draugas News. 15 de marzo.
- Forrer, L. (1904). "Brenner, Victor David". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol. 1. Spink & Son, Londres. Páxinas 277-279.