Susan B. Anthony
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Susan Brownell Anthony, nada en Adams,Massachusetts, o 15 de febreiro de 1820 e finada en Rochester, Estado de Nova York, o 13 de marzo de 1906, foi unha reformadora e sufraxista norteamericana.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De familia cuáquera naceu en Massachusetts, pero pouco despois do seu nacemento a súa familia moveuse ao estado de Nova York, e a partir de 1845 residiu en Rochester.

Estudou na pequena escola do seu pai, e entre 1837 e 1857 foi mestra en varias escolas. Na década anterior á Guerra Civil Americana, tivo un papel prominente nos movementos antiescravistas e antialcohólicos de Nova York, organizou en 1852 a primeira sociedade estatal de mulleres antialcohólica en América, e en 1856 converteuse na representante para o estado de Nova York da Sociedade Antiescravista de América.
A partir de 1854 dedicouse en exclusiva á defensa dos dereitos da muller, avogando pola completa igualdade de sexos. Entre 1868 e 1870 foi a propietaria do semanario, The Revolution.
Axudou a fundar a Asociación Sufraxista Estadounidense, da que foi primeiro vicepresidenta 1869-1892 e logo presidenta (1892-1900).[2]
En colaboración con Stanton, Matilda Joslyn Gage e Ida Husted Harper, publicou The History of Woman Suffrage (1884–1887).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Susan B. Anthony | Biography, Accomplishments, Dollar, Suffrage, & Facts | Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2021-12-13.
- ↑ «Susan B. Anthony, luchando por votar Arquivado 13 de decembro de 2021 en Wayback Machine.». www.diarioelinforme.com.ar. 16 de marzo de 2020. Consultado el 15 de febrero de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Susan B. Anthony ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Claus Bernet: Susan B. Anthony, en: BBKL, 29, 2008, 93-101.