Metropolitan Opera
Metropolitan Opera | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | compañía de ópera, organización e empresa produtora ![]() | |||
Sede | Metropolitan Opera ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Estados Unidos de América | |||
Estado federado | Nova York | |||
Cidade | Nova York | |||
Borough | Manhattan ![]() | |||
Localización | Lincoln Square (pt) ![]() ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1880 ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Director/a | Peter Gelb, Joseph Volpe (pt) ![]() ![]() ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Premios | ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | metopera.org ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A Ópera do Metropolitan (tamén coñecido simplemente como o Metropolitan, o Met ou o Metropolitan Opera House) é un teatro de ópera situado no Lincoln Center de Nova York, e é un dos máis coñecidos do mundo, famoso polas súas producións fastuosas, detallistas. É toda unha institución no mundo da ópera, xunto a A Scala de Milán, Ópera Garnier de París, o Teatro Colón de Buenos Aires ou o Gran Teatre del Liceu de Barcelona. Foi fundado en abril de 1880.
O teatro estivo situado antes noutra área da cidade, nun edificio deseñado por J. Cleveland Cady. Foi destruído por un incendio o 27 de agosto de 1892. Logo de ser renovado, seguiu funcionando alí ata 1966, cando se mudou á localización actual no Lincoln Center. O edificio orixinal foi demolido en 1967.
O actual teatro de ópera do Metropolitan foi deseñado polo arquitecto Wallace K. Harrison. Foi inaugurado o 16 de setembro de 1966, coa estrea da ópera Anthony and Cleopatra de Samuel Barber. No recibidor exhíbense dous inmensos murais creados especialmente para o espazo por Marc Chagall. A capacidade do edificio é de case catro mil persoas. O teatro ten a tecnoloxía necesaria para substituír diariamente o escenario da ópera que se representa, utilizando un complexo sistema de escenarios, tremoias e cicloramas. Esta calidade permite que no Metropolitan haxa funcións case todos os días do ano.

O Met ofrece un servizo de transmisión radiofónica en directo. A primeira transmisión realizouse o 25 de decembro de 1931, cunha produción da ópera Hänsel und Gretel de Engelbert Humperdinck.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Metropolitan Opera ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |