James Earle Fraser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJames Earle Fraser

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de novembro de 1876 Editar o valor em Wikidata
Winona, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte11 de outubro de 1953 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Westport, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaWillowbrook Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónSchool of the Art Institute of Chicago (en) Traducir
Academia Julian (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor , medallista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1900 Editar o valor em Wikidata - 1949 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Participou en
art competitions at the 1928 Summer Olympics – sculpturing, medals and reliefs (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLaura Gardin Fraser (1913–)
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Fraser-9130 Find a Grave: 14665580 Editar o valor em Wikidata

James Earle Fraser, nado en Winona, Minnesota, o 4 de novembro de 1876 e finado en Westport, Connecticut, o 11 de outubro de 1953, foi un escultor, medallista e deseñador de moedas estadounidense da primeira metade do século XX. A súa obra de escultura arquitectónica forma parte de moitas das estruturas máis emblemáticas da cidade de Washington.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Fraser naceu en Winona, Minnesota, fillo de Caroline West Fraser, descendente dos peregrinos de Plymouth, e de Thomas Fraser, un enxeñeiro con antepasados alemáns que traballaba para compañía ferroviaria Chicago-Milwaukee, motivo polo cal a familia se trasladou cara ao Oeste.[2]

De cativo, James Fraser coñeceu a vida fronteiriza e a experiencia dos nativos americanos,[2][3] que eran empuxados cada vez máis cara ao oeste ou confinados en reservas. Estas lembranzas da infancia ficaron plasmadas en moitas das súas obras, desde os seus primeiros ensaios, como o busto Indian Princess ("Princesa india"), ata os seus proxectos máis famosos, como End of the Trail ("A fin do sendeiro")[4][5] e a moeda de 5 centavos de dólar Buffalo.[6]

Fraser comezou a esculpir figuras a partir de anacos de pedra calcaria que recollía dunha canteira próxima á súa casa, preto de Mitchell, Dakota do Sur. Logo asistiu a clases de escultura na escola do Art Institute de Chicago en 1890 e, xa nos derradeiros anos do século, na École des Beaux Arts e na Académie Julian, de París.[2][7][8]

Carreira artística[editar | editar a fonte]

Ao principio da súa carreira, Fraser traballou como axudante de Richard Book e de Augustus Saint-Gaudens, e en 1902 formou o seu propio estudio.[7] Tamén ensinou na Art Students League de Nova York entre 1906 e 1911,[2] e máis tarde chegou a ser o director desta institución. A súa obra tamén formou parte do concurso de escultura das Olimpíadas de Verán de 1928.[8]

End of the Trail.

Entre as súas primeiras obras están as esculturas da Exposición Universal de 1893 e, para a Exposición Internacional Panamá-Pacífico de 1915 en San Francisco, unha das súas obras máis famosas, End of the Trail. Tamén para a Exposición de San Francisco, Fraser creou unha "compañeira" de End of the Trail, chamada The Pioneer. Aínda que ambas debían fundirse en bronce, a escaseza de material por causa da primeira guerra mundial impediuno. Logo da Exposición, as estatuas orixinais de xeso trasladáronse a Mooney's Grove Park, en Visalia, California onde, ao ficaren expostas á intemperie, se deterioraron lentamente. The Pioneer foi finalmente destruída nun terremoto, en tanto que End of the Trail foi adquirida polo National Cowboy & Western Heritage Museum en 1968 e logo restaurada. Logo da súa restauración, a obra pasou a exhibirse na entrada do museo de Oklahoma City, e no canto da orixinal de Visalia, California, colocouse unha réplica de bronce. Esta réplica de bronce, encargada polo inventor e escultor Clarence Addison Shaler, foi doada á cidade de Waupun o 23 de xuño de 1929.[9]

Entre os traballos de Fraser en Washington figuran The Authority of Law e The Contemplation of Justice —no Tribunal Supremo dos Estados Unidos—; o frontón sur e as estatuas dos Arquivos Nacionais; Alexander Hamilton e Albert Gallatin —no Tesouro dos EEUU—, e o Monumento á Segunda División, completado coa sinatura do arquitecto John Russell Pope. Entre as súas encargas tamén figuran moedas e medallas, como a da Vitoria da primeira guerra mundial, a Cruz da Mariña,[10] ambas de 1919,[2] e a moeda de 5 centavos Buffalo,[6][7] tamén coñecida como Indian Head. Esta moeda deixou de cuñarse despois de 1938, mais o seu deseño foi retomado en 2001 para a moeda conmemorativa dun dólar de prata American Buffalo e,[11][12] a partir de 2006, para unha moeda de ouro de investimento dunha onza, coñecida como Gold Buffalo.[13]

Moeda de 5 centavos Buffalo(1935).[6]

En 1926 encargouse tamén do deseño do anverso dunha moeda conmemorativa, o medio dólar Oregon Trail, cuxo reverso foi deseñado pola súa esposa, Laura Gardin Fraser.[7][14]

En 1921 formou parte da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos.[7]

Entre as principais obras de Fraser figuran tamén dúas heroicas estatuas ecuestres de bronce tituladas The Arts of Peace ("As artes da paz"), deseñadas para a entrada da autoestrada Rock Creek Parkway, en Washington, detrás do monumento a Lincoln. A parella de estatuas, acompañaba a The Arts of War, do escultor Leo Friedlander, instalada inmediatamente ao sur, no extremo leste da Arlington Memorial Bridge. Os grupos deseñáranse na década de 1930, pero non se fundiron ata a década de 1950, debido á escaseza de metais durante a segunda guerra mundial.

Fraser foi membro da National Academy of Design, da National Sculpture Society e da Architectural League de Nova York. Entre as súas honras os seus numerosos premios cómpre salientar a súa elección como membro da Academia Nacional das Artes e das Letras, a medalla de ouro da Architectural League (1925) e a Medalla Sanford Saltus, da American Numismatic Society (1919).[15] Tamén foi membro da Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos, en Washington, de 1920 a 1925.[16]

Os documentos de Fraser e da súa esposa, a escultora Laura Gardin Fraser, consérvanse no Centro de Investigación de Coleccións Especiais da Biblioteca da Universidade de Syracuse,[17] nos arquivos da Smithsonian Institution,[18] no Museo Nacional do Vaqueiro e do Patrimonio do Oeste.[19]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O 27 de novembro de 1913, James Earle Fraser casou con Laura Gardin Fraser, que fora unha das súas alumnas na Art Students League de Nova York.[7]

James Earle Fraser morreu o 11 de outubro de 1953 en Westport, Connecticut,[20] e está soterrado no cemiterio de Willowbrook, Connecticut.[21]

Escolma de obras[editar | editar a fonte]

Anverso do medio dólar Oregon Trail (1926).

Medallas e moedas[editar | editar a fonte]

Monumentos públicos[editar | editar a fonte]

  • 1906-1911: Escultura a Benjamin Franklin, no memorial Benjamin Franklin, Filadelfia.
  • 1908: Figura xacente do Bispo Potter, Catedral de San Xoán o Divino, Manhattan, Nova York.
  • 1911: Monumento a Frederick Keep, cemiterio Rock Creek, Washington.
Memorial Nacional John Ericsson (1926), Washington.
Authority of Law, no tribunal supremo dos EEUU, en Washington.

Escultura arquitectónica[editar | editar a fonte]

  • 1928: Discoverers and Pioneers, Michigan Avenue Bridge, Chicago.
  • 1929: Sarcófago de Robert Todd Lincoln, Cemiterio Nacional de Arlington, Virxinia.
  • 1932: Monumento a William Howard Taft, Cemiterio Nacional de Arlington, Virxinia.
  • 1934: Frontóns do edificio do Departamento de Comercio, Washington.
  • 1935: Recorder of the Archive, frontón do edificio dos Arquivos Nacionais, Washington.
  • 1935: Heritage e Guardianship, edificio dos Arquivos Nacionais, Washington.
  • 1935: Contemplation of Justice e Authority of Law, edificio do Tribunal Supremo dos EEUU, Washington.
  • 1940: Figuras de Meriwether Lewis, George Rogers Clark, Daniel Boone e John James Audubon, American Museum of Natural History, Nova York.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Luebke, T. E. ed. (2013). Civic Art: A Centennial History of the U.S. Commission of Fine Arts, Washington. Appendix B. Páxina 544. ISBN 978-0160897023
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "James Earle Fraser". The Meadowlark Gallery.
  3. "James Earle Fraser". Smithsonian American Art Museum.
  4. Büken, G. (2002). "Construction of the Mythic Indian in Mainstream Media and the Demystification of the Stereotype by American Indian Artists". En American Studies International. Vol. 40. Nº 3. Outubro. Páxinas 46-56.
  5. "End of the Trail". Encyclopedia of Oklahoma History & Culture.
  6. 6,0 6,1 6,2 "5 Cents "Buffalo Nickel" (1913-1938)". Numista.com
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 Smith, P. (2012).
  8. 8,0 8,1 "Biographical information: James Earle Fraser". Olympedia.org
  9. "Waupun Historic Sculptures". Waupun-wisconsin.com
  10. "The Navy Cross". Service Medals & Campaign Credits of the U.S. Navy.
  11. "American Buffalo Commemorative Coin". United States Mint.
  12. "1 Dollar American Buffalo". Numista.com
  13. "50 Dollars "American Buffalo" Gold Bullion Coinage". Numista.com
  14. "Oregon Trail Memorial Half Dollar". United States Mint.
  15. "The Saltus Medal Award". American Numismatic Society.
  16. "James E. Fraser". U.S. Commission of Fine Arts.
  17. "James Earle and Laura Gardin Fraser Papers". Syracuse University.
  18. "James Earle Fraser". Archives of American Art. Smithsonian Institution.
  19. "James Earle Fraser and Laura Gardin Fraser Studio Papers". National Cowboy & Western Heritage Museum.
  20. "Obituaries: James Earle Fraser". En The Numismatist. American Numismatic Association. Vol. 66. Nº 12. Decembro. Páxinas 1.993-1.994.
  21. Bjornstad, W. "James Earle Fraser". Findagrave.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]