Saltar ao contido

Paul Allen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaul Allen

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Paul Gardner Allen Editar o valor en Wikidata
21 de xaneiro de 1953 Editar o valor en Wikidata
Seattle, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte15 de outubro de 2018 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Seattle, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortelinfoma não Hodgkin (pt) Traducir
choque séptico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMercer Island (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de Washington
Universidade Harvard
Lakeside School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoProgramación, BASIC, Microsoft Access e Linguaxe Pascal Editar o valor en Wikidata
Ocupacióninventor, coleccionista de arte, compositor, produtor de televisión, filántropo, programador, investidor, produtor musical, emprendedor, informático teórico, empresario, produtor de cinema, músico, cofundador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1975 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorMicrosoft Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPop rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBaixo e guitarra Editar o valor en Wikidata
DeporteFútbol americano Editar o valor en Wikidata
Participou en
17 de xaneiro de 2017Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2017
20 de xaneiro de 2016Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2016
21 de xaneiro de 2015Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2015
22 de xaneiro de 2014Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014 Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
IrmánsJody Allen Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
5 de novembro de 2017Paradise Papers Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webpaulallen.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0020885 Twitter: PaulGAllen Musicbrainz: 94250c74-dbb7-440a-bc90-5dc4e380be3a WikiTree: Allen-34991 Find a Grave: 194002200 Editar o valor en Wikidata

Paul Allen, nado en Seattle (Washington) o 21 de xaneiro 1953 e finado o 15 de outubro de 2018, foi un informático estadounidense cofundador de Microsoft e amigo de Bill Gates, con quen desenvolveu as primeiras versións de MS-DOS.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xa dende os 14 anos comezou a ser un grande entusiasta dos ordenadores. Allen foi á Washington State University, pero deixouna dous anos máis tarde xunto con Bill Gates para perseguir o seu soño de escribir software comercial para os novos ordenadores persoais.

Microsoft

[editar | editar a fonte]

Xunto con Bill Gates fundou Microsoft (inicialmente "Micro Soft") en Albuquerque, Novo México, en 1975, e comezaron vendendo un intérprete da linguaxe de programación BASIC. Allen foi a punta de lanza dun trato de Microsoft para comprar un sistema operativo chamado QDOS por 50,000 $; non era esperable que sendo programadores pagasen por un sistema baseado na súa totalidade en terminais e comandos, mais con isto Microsoft gañou un contrato para subministrar o sistema operativo para os novos PC de IBM. Isto fixo que Microsoft tivera un remarcable crecemento.

Saída de Microsoft

[editar | editar a fonte]

Allen viuse obrigado a renunciar a Microsoft en 1983 despois de diagnosticárselle a enfermidade de Hodgkin, a cal superou despois de moitos meses de tratamento de radioterapia e un transplante de medula ósea.