Saltar ao contido

Smetana (lácteo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Blini con smetana e caviar vermello.

Smetana é un produto lácteo moi típico nas cociñas da Europa Central e Oriental.

É unha variedade de nata agria moi semellante á crème fraîche da que se distingue pola textura e o sabor. Este alimento recibe nomes semellantes en varias linguas eslavas como a rusa, a ucranína сметана, polonesa śmietana, checa (za)kysaná smetana (smetana é en checo máis ben crema de leite, tamén chamada de sladká smetana (doce)), ou eslovaca smotana. Por estar achegado tamén existe un termo semellante, "smântână", na lingua romanesa.

Características

[editar | editar a fonte]

Obtense mediante fermentación bacteriana e caracterízase polo seu baixo grao de conservación. Cando se comparan diferentes marcas de elaboradores de smetana, pódese ver que conteñen unha gran variedade de contido graxo que adoita estar entre o 10% (magro ou lixeiro) até o 70% (gordo), os máis comúns que se poden atopar nos supermercados rusos son 20%, 30% e 42%. Adóitase encontrar a adición de espesantes (por exemplo xelatina) na composición da smetana.

É moi frecuente nas cociñas eslavas e se emprega frecuentemente no adubo dalgúns alimentos, un dos máis sonados é o caldo borsch (de verduras e beterraba) que acostuma servirse cun pequeno 'monte' de smetana no prato. Emprégase como recheo, como por exemplo nos blinis (filloas rusas). Un dos empregos como adubo pódese comprobar na ensalada Ovoschnoy que se elabora con tomates, cebolas e cogombros con smetana.

Adóitase confundir xeralmente co mollo que leva o seu nome: mollo smetana que se adoita empregar coma un sucedáneo e que se elabora con iogur (ou nata), e limón para simular a acidez.