Milii Balakirev
Milii Balakirev | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de decembro de 1836 e 31 de decembro de 1836 |
Lugar de nacemento | Nizhnii Novgorod |
Falecemento | 16 de maio de 1910 |
Lugar de falecemento | San Petersburgo |
Soterrado | Cemitério Tikhvin |
Nacionalidade | Imperio Ruso |
Alma máter | Kazan Imperial University e Nizhny Novgorod Institute of nobility |
Ocupación | compositor, director de orquestra, pedagogo, musicólogo, pianista e profesor de música |
Coñecido por | Tamara |
Premios | Order of Saint Stanislaus, 2nd class e Order of Saint Stanislaus |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Milii Alekseevich Balakirev (en ruso: Милий Алексеевич Балакирев), nado en Nizhnii Novgorod en 1837 e finado en San Petersburgo en 1910, foi un compositor ruso.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu no seo dunha familia humilde, traballou na adolescencia para Oulibichev, autor dunha biografía de Mozart, e quen lle confía a dirección da súa banda. Logo de facer un curso universitario de matemáticas, marchou a San Petersburgo cheo de ardor patriótico, en 1855 coñece a Mikhail Glinka, precursor da música rusa, cofundador da Escola Libre de Música (1862) e do grupo coñecido como o dos cinco (Могучая Кучка), formado por compositores autodidactas como el: César Cui, Alexander Borodin, Modest Musorgskii e Nikolai Rimskii-Korsakov, Balakirev é a alma do grupo e quen supervisa e corrixe os traballo dos seus amigos. A partir de 1862 percorre o Cáucaso e Crimea e recompila numerosas páxinas de música tradicional.
É autor de dúas sinfonías, dous poemas sinfónicos (Rusia e Tamara), catro aberturas e numerosas pezas de piano, entre as que destaca Islamey: unha fantasía oriental
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Milii Balakirev |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Música clásica |