Fantasía (música)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A fantasía é unha forma musical libre que se distingue polo seu carácter improvisatorio e imaxinativo, máis que por unha estruturación ríxida dos temas. Así, permite ao compositor unha maior expresividade musical relaxando as restricións inherentes a outras formas tradicionais máis ríxidas, como a sonata ou a fuga. Como exemplos ilustrativos deste contraste podemos citar a Fantasía cromática e fuga de Johann Sebastian Bach ou a Sonata Op. 27 Quasi una Fantasia de Beethoven; tamén se poden citar as 12 fantasías para violas de Henry Purcell (Z732 a Z745) ou a Fantasía en fa menor do compositor Frédéric Chopin.

Con todo, isto non quere dicir que unha fantasía careza por completo de estrutura formal. De feito, moitas fantasías baséanse na forma sonata en aspectos tales como o uso e reexposición de varios temas, ou a delimitación de seccións contrastantes entre si, pero cun tratamento moito máis libre.

É unha peza instrumental na que a improvisación e a imaxinación do compositor anteponse a estilos e formas convencionais.

No século XVI e XVII, chamábase fantasía a pezas instrumentais onde un tema desenvolvíase en estilo imitativo e contrapuntístico. A fantasía combinaba entón elementos da tocata e do ricercare.

Para os románticos, a fantasía proporcionaba os medios para unha expansión formal sen as restricións da forma sonata. Aínda que a fantasía teña un carácter eminentemente improvisatorio, non quere dicir isto que careza de estrutura formal. É máis, contempla os principios básicos de calquera forma musical.

O termo fantasía utilizouno Franz Liszt e outros compositores aplicado a pezas virtuosistas baseadas en temas procedentes dunha ópera ou outra obra. A primeira forma é a chamada fantasía de ópera. Os compositores contemporáneos do século XX utilizaron o termo fantasía para designar pezas instrumentais ampliadas e variacións libres.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]