Bagatela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha bagatela é unha peza musical breve, polo xeral composta para piano e habitualmente dun carácter lixeiro e meloso. O máis antigo uso da palabra bagatela para designar unha obra musical realizouno François Couperin, no seu décimo ordre para clavicémbalo (1717) titulou "Les bagatelles" a un rondeau [1].

Bagatelas famosas[editar | editar a fonte]

As máis famosas das bagatelas compúxoas Ludwig van Beethoven, así titulou 3 obras Opp. 33, 119 e 126 e ademais escribiu outras obras nun estilo semellante pero non publicou en vida, a máis famosa é Für Elise. Outros exemplos de bagatelas coñecidas son Bagatelle sans tonalité de Franz Liszt's (unha temporá exploración na atonalidade), unha serie para violín e piano (Op. 13) de François Schubert na que o No. 9, A abella é popular, a serie de Antonín Dvořák para dous violíns, violoncello e harmonio (Op. 47), e series de Bedřich Smetana, Alexander Tcherepnin e Jean Sibelius. Anton Diabelli tamén compuxo unha bagatela, así como Camille Saint-Saëns escribiu seis bagatelas, Op. 3, e Friedrich Baumfelder tamén compuxo outra nos seus últimos anos, a Op. 386.

No século XX foron varios os compositores que escribiron series de bagatelas, como Béla Bartók, que escribiu unha serie de catorce (Op. 6); Anton Webern, unha serie de seis para cuarteto de corda (Op. 9); ou Gerald Finzi, que escribiu cinco bagatelas para clarinete e piano. Outra bagatela canónica moderna é a serie de György Ligeti, que escribiu unha serie de 11 obras curtas para piano titulada 'Musica Ricercata' (1951-1953), e que máis tarde arranxou unha selección delas para un quintento de vento en 1953.

O compositor norteirlandés, Howard Ferguson escribiu unha serie de cinco bagatelas para piano (Op. 9), que canda a súa Piano Sonata en F minor, están entre as poucas obras do compositor interpretadas con regularidade. William Walton escribiu cinco bagatelas para guitarra, que gravaron eminentes guitarristas clásicos como Julian Bream, Sharon Isbin, Christopher Parkening e Ana Vidović. O compositor estadounidense Charles Wuorinen escribiu unha bagatela para piano, que máis tarde orquestrou. O compositor australiano Carl Vine escribiu cinco bagatelas para piano (1994), e o peruano Jorge Villavicencio Grossmann escribiu Cinco Bagatelas Opacas y Traslucidas para violín e piano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brown, Maurice J. E. 2001. "Bagatelle". The New Grove Dictionary of Music and Musicians, segunda edición, editado por Stanley Sadie e John Tyrrell. London: Macmillan Publishers.