Saltar ao contido

Staré Město

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Staré Město
 Nome orixinal
    Staré Město (cs) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Staré Město (cs) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Parte de
Características
 Situación patrimonial
Patrimonio da Humanidade
Período: 1992 - Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Xefe do goberno
Historia
 Sucedido por
Royal City of Prague (en) Traducir (1784 - 1921) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Superficie
   1,29 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   206 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal110 00 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap428812 Editar o valor en Wikidata
VIAF146753451 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05_687 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons
Praza de Staré Město.

Staré Město (do checo: Cidade Vella) é o asentamento orixinal da cidade de Praga, República Checa. Foi separada do exterior por un foxo semicircular e unha muralla, conectada ao río Moldava nos seus extremos. O foxo está hoxe cuberto polas rúas (de norte a suroeste) Revolučni, na Příkopě, e Národni, que seguen a ser o límite oficial da distrito de Staré Město.

Pouco despois da expansión da cidade, levada a cabo durante o século XIV por Carlos IV, coa fundación da Nové Město (do checo: Cidade Nova), o foxo e a muralla foron desmantelados. Algúns lugares destacados de Staré Město son a Sinagoga Vella-Nova, a Praza de Staré Město e o Reloxo Astronómico. Cruzando o río Moldava está o histórico distrito de Malá Strana. Estás dúas partes da cidade están conectadas pola Ponte de Carlos. O barrio de Josefov está localizado no recuncho noroeste da Cidade Vella.

Dende os seus primeiros anos, ao redo do século IX, Staré Město medrou a partir dos asentamentos que apareceron na ampla praza de mercado situada á beira do Moldava. Segundo algúns rexistros do ano 1100 celebrábase na nomeada praza un mercado cada sábado, ademais dalgunhas grandes concentracións militares esporádicas. Grazas ao comercio, os comerciantes da zona fixéronse ricos e o rei Wenceslau I concedeulles o privilexio de municipio, conformándose así a cidade de Město Pražské (cidade de Praga). De acordo cos antigos rexistros, a muralla que rodeaba cidade tiña ao redor de trece portas e estaba circundada por un foxo de gran tamaño, o que proporcionando unha forte defensa. No século XIV a cidade foi ampliada coa fundación da Nové Město (Cidade Nova) polo emperador Carlos IV. O foxo e o muro foron desmantelados ao pouco tempo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]