A poboación distribúese en diferentes núcleos como por exemplo Monòver, Cases del Senyor, Xinorlet, Fondo e La Romaneta.
O calzado e a marroquinería, cunha importante industria de transformación de produtos agrarios (viños con Denominación de Orixe Alacant, sen esquecer o exclusivo Fondillón, o moscatel e froitos secos) constitúen a base dunha rica economía. Nas canteiras da Cavarassa extráese o mármore vermello "Alacant", e no plano artesanal destaca o traballo do vimbio, xoguetes, cestas e mobles de xardín.
A proximidade de Monòver ao casco urbano de Elda viuse aumentada ultimamente debido á sucesión urbana que supoñen polígonos industriais de ambas cidades, situados case conxuntamente.