Aythami Artiles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aythami Artiles Oliva»)
Aythami
Información persoal
Nome Aythami Artiles Oliva
Nacemento 2 de abril de 1986 (38 anos)
Lugar de nacemento Arguineguín
Altura 1,85 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Gimnàstic
Número 15
Carreira xuvenil
Arguineguín
Las Palmas
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2004 Las Palmas B
2004–2007 Las Palmas 92 (6)
2007–2013 Deportivo da Coruña 69 (4)
2008–2010 Xerez 87 (7)
2013–2018 Las Palmas 110 (5)
2018–2019 Córdoba 33 (7)
2019–2021 Las Palmas 49 (1)
2021– Gimnàstic 13 (0)
Selección nacional
2004–2005 España sub-19 3 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 3 de decembro de 2021.
editar datos en Wikidata ]

Aythami Artiles Oliva, nado en Arguineguín (Gran Canaria) o 2 de abril de 1986, é un futbolista español. Xoga de defensa no Gimnàstic de Tarragona, da Primeira División RFEF. Disputou preto de 500 partidos como profesional, a maioría deles na UD Las Palmas, e logrou tres ascensos á Primeira División con tres equipos diferentes (Xerez, Deportivo da Coruña e Las Palmas).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos nas Palmas (1986-2007)[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira futbolística no CD Arguineguín da súa localidade natal, onde tivo como compañeiro a David Silva e como adestrador a Juan Carlos Valerón.[1] En 2003 fichou pola UD Las Palmas, aínda en idade xuvenil, e debutou co filial, o UD Las Palmas B, na Terceira División. Unha boa primeira temporada no filial, sumado ao descenso do primeiro equipo a Segunda B levouno ó primeiro cadro de xogadores para a temporada 2004/05. Tras dous anos en Segunda B o equipo canario conseguiu o ascenso a Segunda División para a temporada 2006/07, temporada na que o central amosou as súas cualidades para o fútbol profesional.

Deportivo da Coruña (2007-2013)[editar | editar a fonte]

No 2007 fichou polo Deportivo da Coruña,[2] co que debutou en Primeira Divisón na xornada 5 da tempada 2007/08, xogando de titular contra o Recreativo de Huelva en Riazor, aproveitando a baixa de Albert Lopo.[3] Con todo, ese foi o seu único partido no equipo galego ese ano, polo que tanto o club herculino coma o xogador chegaron á conclusión de que era necesario buscar unha alternativa para non frear a progresión do futbolista. Esta solución chegou cando o Deportivo acordou co Xerez a cesión do xogador para o resto da temporada.[4]

Cesións ao Xerez (2008-2010)[editar | editar a fonte]

O canario chegaba a un club con problemas económicos e en postos de descenso, pero a pesar dos problemas, soubo adaptarse rapidamente, ao encontrarse con compañeiros como Momo ou Adrián Martín, cos que coincidira na canteira da UD Las Palmas. Conseguiu facerse coa titularidade no centro da defensa, contribuíndo á permanencia.

Ao final desa tempada Dépor e Xerez CD chegaron a un acordo para ampliar a cesión por unha temporada máis, na que Aythami conseguiu consolidarse definitivamente como titular indiscutíbel no centro da defensa, contribuíndo decisivamente no primeiro ascenso á Primeira División na historia do club.[5] Continuou cedido no club andaluz na seguinte campaña en Primeira, sendo titular durante a maior parte da tempada, na que o equipo volveu caer a Segunda.

Volta ao Deportivo (2010-2013)[editar | editar a fonte]

No verán de 2010 volveu ao Dépor, pasando a formar parte do cadro de xogadores do club galego para a tempada 2010/11.[6] O canario volveu xogar co equipo galego, tres anos despois, na sexta xornada, saíndo desde o banquiño no Santiago Bernabéu como substituto de Zé Castro.[7] No seu primeiro partido como titular, sendo o central dunha defensa de cinco homes, o Deportivo conseguiu a súa primeira vitoria da tempada por 3–0 ante o Espanyol.[8] Na xornada seguinte marcou o seu primeiro gol co Deportivo no triunfo por 1–2, ante o Levante.[9] Disputou 24 partidos durante a tempada, na que o equipo de Lotina descendeu á Segunda División dúas décadas despois.

Continuou no club galego dous anos máis, proclamándose no primeiro deles campión de Segunda con récord de puntos, mentres que na tempada 2012/13 volveu descender.

Regreso á UD Las Palmas (2013-2017)[editar | editar a fonte]

No verán de 2013 rescindiu o seu contrato co Deportivo e regresou á UD Las Palmas, na Segunda División, asinando por catro anos.[10] Titular na zaga durante as dúas primeiras tempadas, conseguiu o ascenso á Primeira na 2014/15, sendo este o seu terceiro ascenso á máxima categoría con tres clubs diferentes. Despois de máis dun cento de partidos, en xaneiro de 2018 rescindiu o seu contrato e fichou polo Córdoba.[11]

Córdoba (2018-2019)[editar | editar a fonte]

Fíxose coa titularidade inmediatamente trala súa chegada ao Córdoba, que viviu ese ano unha convulsa tempada con ata catro adestradores. Na penúltima xornada contra o Reus, un gol de Aythami nos derradeiros instantes deulle a vitoria ao equipo andaluz e sacouno do pozo do descenso no que levaba metido case dende o comezo da tempada.[12] O equipo logrou a permanencia na derradeira xornada, e Aythami xogou media tempada máis no club, antes de rescindir o seu contrato en xaneiro de 2019.

Terceira etapa na UD Las Palmas (2019-2021)[editar | editar a fonte]

Regresou entón á UD Las Palmas, comezando a súa terceira etapa no club insular.[13] Xogou dúas tempadas e medias no club amarelo, aínda que na última delas perdeu boa parte da campaña por unha lesión.[14] Disputou un total de 49 partidos nesta etapa, cos que acadou un total de 274 encontros co club.

Nàstic de Tarragona (2021-actualidade)[editar | editar a fonte]

En xullo de 2021 fichou polo Gimnàstic de Tarragona, da nova Primeira División RFEF.[14]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección española sub-19 en tres ocasións entre 2004 e 2005.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Xerez
Deportivo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ventureira, Rubén (5 de setembro de 2010). "Valerón fue entrenador de Aythami". La Voz de Galicia. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  2. S. Acedo, Ignacio (12 de xullo de 2007). "Aythami ficha por el Depor y deja 600.000". As (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  3. "Aythami debuta como titular en el Dépor para enfrentarse al Recreativo". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de setembro de 2007. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  4. "Aythami, cedido al Xerez". eldiario.es (en castelán). 22 de xaneiro de 2008. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  5. "El Depor vuelve a ceder a Aythami al Xerez". Marca (en castelán). 17 de agosto de 2009. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  6. "Aythami, 'muy contento' tras saber de boca de Lotina que se quedará en el Deportivo esta temporada"
  7. "El Madrid desempolva las pistolas y les saca brillo"
  8. "El sistema de la felicidad"
  9. "Riki saca del agujero al Depor y mete al Levante"
  10. "Aythami rescinde su contrato con el Depor y ficha por Las Palmas" (en castelán). 23 de agosto de 2013. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  11. "Aythami Artiles rescinde con la UD Las Palmas y ficha por el Córdoba CF". La Vanguardia (en castelán). 31 de xaneiro de 2018. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  12. "1-2. El Córdoba sorprende al Reus y sale del descenso". La Vanguardia (en castelán). 27 de maio de 2018. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  13. "Aythami regresa a Las Palmas". Marca (en castelán). 23 de xaneiro de 2019. Consultado o 3 de decembro de 2021. 
  14. 14,0 14,1 "El Nàstic ficha a Aythami por una temporada" (en castelán). 22 de xullo de 2021. Consultado o 3 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]