Pablo Amo
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 15 de xaneiro de 1978 ![]() Madrid, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 186 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1996 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa central ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() |
Pablo Amo Aguado, nado en Madrid o 15 de xaneiro de 1978, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entre 1999 e 2002 xogou no Sporting de Xixón. En 2002 chegaría ao Deportivo da Coruña, sendo cedido en dúas ocasións, ao Real Valladolid en 2006 e posteriormente ao Recreativo de Huelva (tempada 2006/2007). Na tempada seguinte, 2007/2008, destacou como xogador do Deportivo cando o adestrador deportivista Miguel Ángel Lotina fíxoo un fixo no seu esquema de cinco defensas, xogando 19 partidos como titular e marcando 3 goles.
Tras non renovar o seu contrato co Deportivo quedou libre ao finalizar a tempada e o 3 de agosto de 2009 foi fichado polo Real Zaragoza, co que debutou nun partido disputado o 29 de agosto no estadio de La Romareda contra o CD Tenerife, correspondente á primeira xornada de liga, no que disputou todo o partido e que rematou co resultado final favorable ao Real Zaragoza (1–0).
Recentemente foi contratado polo Panserraikos FC da liga grega.