Rede Globo
| Rede Globo | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Historia
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Propietario/a
| |
|
Fundador/a
| |
|
Ten en propiendade
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Fundación
| |
| Localización | |
|
Sede
| |
|
País
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata |
Rede Globo é unha cadea de televisión comercial brasileira aberta con sede na cidade de Río de Xaneiro. É seguida por máis de 200 millóns de persoas a diario, xa sexan no Brasil ou no estranxeiro. É a segunda maior cadea de televisión comercial do mundo, por detrás só da American Broadcasting Company (ABC), alcanzando o 98,56% do territorio brasileiro, abarcando 5.490 municipios e preto do 99,55% da poboación brasileira total. Tamén é un dos maiores produtores de telenovelas do mundo e forma parte do Grupo Globo, un dos principais conglomerados de medios do planeta. En total conta con 122 emisoras propias e afiliadas, ademais da emisión no exterior por TV Globo Internacional e do servizo de subscrición no país. O sinal de Globo tamén está dispoñible en Internet polo servizo de vídeo Globoplay baixo demanda.
A estación comezou a operar o 26 de abril de 1965 e foi fundada polo xornalista Roberto Marinho. A sede administrativa de Rede Globo está no barrio Jardim Botânico, situado en Río de Janeiro. O departamento de xornalismo tamén está situado no Xardín Botánico, mentres que os principais estudos de produción están situados en Globo Studios, en Jacarepaguá, na mesma cidade, que comprende o segundo maior complexo de televisión de América Latina. Rede Globo tamén ten estudos de produción, departamento de xornalismo e onde xera parte da súa programación na cidade de São Paulo.
Como a rede de televisión máis grande do país e unha das máis grandes do mundo, a rede ten unha capacidade inigualable para influír na cultura, na política e na opinión pública. Desde a súa fundación, a compañía ten unha longa historia de controversias nas súas relacións coa sociedade brasileira.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |