Kremlin de Moscova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 55°45′N 37°37′E / 55.750°N 37.617°E / 55.750; 37.617

Kremlin de Moscova
Panorama of Moscow Kremlin.jpg
Concello Moscova
Provincia Moscova
Comunidade autónoma Rexión de Moscova
Estilo arquitectónico
Estilo orixinario mestura (orixe: século XII-séculos XV e XVII)
Estilo actual mestura, elementos
Estado actual Restaurado. Visitábel
Véxase tamén
Castelos de Rusia
Vista aérea do Kremlin.
Os diques do Kremlin no solpor.

O Kremlin de Moscova (ruso: Московский Кремль, transliterado: Moskovskiy Kreml') é un conxunto de edificios civís e relixiosos situado no centro da cidade de Moscova, na beira do río Moscova que pasa polo sur, da Praza Vermella no leste e do Xardín de Alexandre no oeste.

O máis coñecido dos kremlins rusos e inclúe catro palacios e catro catedrais, agrupados no interior dun recinto delimitado pola muralla do Kremlin, que inclúe as torres do Kremlin. O seu nome transformouse dende a época da Unión Soviética en sinónimo do goberno de Rusia, de xeito semellante a coma ocorre coa Casa Branca para o goberno dos Estados Unidos de América.

Historia[editar | editar a fonte]

Nos séculos XI e XII era un poboamento eslavo, cunha pequena cidadela, a morada fortificada do boiardo da localidade Kuchka. Na antigüidade a palabra "kreml" úsabase para denominar a parte amurallada no centro dunha vila. En 1147 fíxose mención de Moscova por vez primeira, polo 1156 escavouse un foso e erixiuse unha muralla de terra. Para finais do século XII construíuse un forte amurallado arredor da colonia de mercadores e artesáns que se congregaban en Moscova coma nun refuxio. Daquela, toda Moscova ocupaba unha terceira parte da área do actual Kremlin. En 1238 a cidade púxose ás hordas mongois e no século XIII, mentres o país se recuperaba da devastación feita polos tártaros e os mongois, Moscova gañaba prominencia.

A comezos do século XIV Moscova acada a posición de capital do principado. No Kremlin constrúese unha fortaleza de pedra branca e pasa por un período de reconstrucións radicais:

  • Érguese unha nova e sólida muralla arredor da fortaleza dun perímetro de máis de 1.600 metros e se escava un foso cara o leste, fronte a chaira (1339-1340).
  • O Kremlin convértese na residencia do príncipe e mais da familia real de Moscova.
  • Construíronse as catedrais de pedra branca na parte sur do outeiro do Kremlin: a catedral da Asunción (1326), a Igrexa de Noso Salvador (1330), a Catedral do Arcanxo San Miguel (1333), e no centro do Kremlin foi levantada unha atalaia, coñecida como a torre do campanario do Santo Iván (1329).

De 1344 a 1346 decoráronse todas as igrexas con frescos e iconas. Baixo as ordes do príncipe Dmitri Donskoi ergueuse a xigantesca fortaleza de pedra branca con nove torres. A construción rematou en dous anos. A finais do século XV o Kremlin converteuse no centro da cultura rusa. O principado converteuse no Moscovia. Os douscentos anos de loita para unificar a Rusia culminaron co nacemento do estado centralizado máis grande de Europa. Durante os séculos XV e XVII construíronse os monumentos arquitectónicos que se conservan até os nosos días. A construción transformou o Kremlin, dándolle unha imaxe senlleira e tan común a todo o mundo:

No século XVII os vellos edificios do Kremlin modifícanse e sométense a unha restauración xeral. Durante as varias invasións a Rusia (1605-1618), enfraquecida polo chamado Tempo de Dificultades, as tropas da Mancomunidade de Polonia-Lituania tomaron Moscova e mailo Kremlin do 27 de setembro de 1610 ao 4 de novembro de 1612, até que foron expulsados polo alzamento patriótico de Rusia. De 1635 a 1656 constrúense as Cámaras do Patriarca e a pequena Igrexa dos Doce Apóstolos. O incendio de 1710 destruíu todos os edificios de madeira da parte noroeste do Kremlin.

En 1713, Moscova cede o sitio á nova capital, San Petersburgo, e o Kremlin pasa a ser residencia temporal da corte tsarista. De 1776 a 1788 ergueuse o Senado. En 1812, as forzas de Napoleón ocuparon o Kremlin. Entre 1815 e 1835 realízanse obras de restauración cos mellores arquitectos da época: O. Bové, K. Rossi e D. Gilardi. De 1838 a 1850 construíuse o Gran Palacio do Kremlin e de 1844 a 1851 ergueuse no outeiro do Kremlin la Armaría.

Logo da Gran Revolución de outubro de 1917, Moscova volveu ser a capital. En marzo de 1918 o goberno soviético trasladouse dende Petrogrado a Moscova e ocupou o Kremlin. O Kremlin fechouse aos visitantes. Os vellos mosteiros (Chúdov e da Ascensión) foron demolidos e substituídos por un edificio do goberno (1932—1934). En 1935 a aguia bicéfala foi retirada das torres do Kremlin para se substituír en 1937 polas estrelas de rubís (dimensión:3-3,75 metros).

De 1946 a 1958 restauráronse as catedrais, pazos e outros monumentos arquitectónicos do Kremlin. En 1961 construíuse o Palacio de Congresos.

Desde 1955 o Kremlin fica aberto ao público e en 1990 inclúese na listaxe de Patrimonio Mundial da Unesco.

En 1991 foi fundado o Museo Estatal de Historia e Cultura do Kremlin. Consta da Armaría, a Catedral da Asunción, a Catedral do Arcanxo Miguel, a Catedral da Anunciación,o Museo das Artes Aplicadas e Uso Corrente de Rusia do século XVII, o conxunto do Campanario de Iván o Grande e outros monumentos arquitectónicos.

No complexo arquitectónico atópanse tres edificios que son usados como residencias oficiais do presidente da Federación Rusa: o Palacio do Senado, o Gran Palacio do Kremlin e maila Escola Militar ou edificio nº 14.

Arquitectura do Kremlin[editar | editar a fonte]

A Praza das Catedrais é o corazón do Kremilin. Áchase arrodeada de seis edificios, incluíndo as tres catedrais:

Hai, ademais, dúas igrexas pertencentes aos Patriarcas Metropolitanos de Moscova:

  • A Catedral dos Doce Apóstolos (1653-56)
  • A Igrexa da Deposición do Manto, construída por artesáns de Pskov entre os anos 1484-88 e adornada con frescos e iconas entre 1627 e 1644.

A outra grande estrutura é o Campanario de Iván o Grande, na esquina nordés da praza, o cal marca o centro exacto de Moscova e conta cunha lapa eterna sempre acesa. Completado en 1600, ten unha altura de 81 metros. Até a Revolución Rusa, era a estrutura máis alta da cidade, xa que estaba prohibida a construción de edificios cunha altura superior á do campanario. Conta con 21 campás dispostas para soar a alarma en caso dun ataque inimigo.

Igrexa dos Doce Apóstolos

A estrutura non relixiosa máis antiga do Kremlin é o Palacio das Facetas (1491), o cal contén os tronos imperiais rusos. Foi mandado construír por Iván III (o Grande). O seguinte por orde de antigüidade é o que fora o primeiro fogar da familia imperial rusa, o Palacio dos Terems. O palacio orixinal doi construído en época de Iván III, mais a maior parte do mesmo data do século XVII. O Palacio dos Terems e mailo Palcio das Facetas están ligados grazas ao Gran Palacio do Kremlin. Este foi mandado construír por Nicolás I en 1838. É a meirande estrutura do Kremlin, custou a suma de 11 millóns de rublos para a súa construción e máis dun billón de dólares para a súa renovación na década de 1990. Contén ademais do apartamento privado do tsar, o andar inferior da igrexa da Resurrección de Lázaro (1393), que é a estrutura existente máis antiga do Kremlin e de toda Moscova.

A esquina nordés da praza áchase ocupada polo Arsenal, que foi construído en época de Pedro o Grande en 1701.

A sección noroeste conta coa Armaría do Kremlin. Construída en 1851 a estilo do Neorrenacemento, sendo actualmente un museo.

Edificios administrativos e museos do Kremlin[editar | editar a fonte]

Monumentos

Política[editar | editar a fonte]

A verba Kremlin adóitase empregar para se referir ao goberno da Unión Soviética (1922-1991) e aos seus membros de maior rango (como xenerais, secretarios, xefes de estado, presidentes, ministros e membros do comisionado). Do mesmo xeito que Downing Street refírese ao goberno inglés, o Eliseo ao goberno francés, a Moncloa ao goberno de España, La Moneda ao goberno do Chile ou a Casa Branca fai referencia ao goberno dos Estados Unidos. Até certo punto Kremlin séguese a empregar para se referir á política de Rusia. Kremlinoloxía refírese ao estudo da política Soviética.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kremlin de Moscova