Sistema nervioso simpático

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O sistema nervioso simpático en vermello, o parasimpático en azul

O sistema nervioso simpático é parte do sistema nervioso autónomo:

Características[editar | editar a fonte]

Está formado polos tubos laterovertebrais a ambos os dous lados da columna vertebral. Conecta cos nervios espinais mediante os ramos comunicantes, así, os núcleos vexetativos medulares envían febras ós ganglios simpáticos e estes envían febras postganglionares ós nervios espinais. A acción execútase cun brazo aferente e outro eferente, mediante un acto reflicto.

  • Brazo eferente: Orixínase nas hastas laterais da medula espiñal, ten carácter simpático e circula a través da raíz anterior, logo abandonando esta raíz van ós ganglios simpáticos, a través das ramas comunicantes brancas. Do ganglio simpático saen febras postganglionares:
    • Unhas tras facer sinapse no ganglio simpático volven cara ó nervio raquídeo, este tronco chámase «ramo comunicante gris». Ó acompañar ó nervio raquídeo chega a todas as estruturas.
    • Outras diríxense acompañando ós vasos e xunto con eles acadan os territorios que inervan. Son os ramos perivasculares.
    • Por último están os fascículos ou nervios esplácnicos ou viscerais, distribúense polas vísceras.
  • Brazo aferente: as febras viscerais atravesan a cadea simpática, mediante o ramo comunicante branco, e chegan ó nervio raquídeo. O corpo da neurona está no ganglio raquídeo, terminando nas hastas posteriores.
  • As neuronas intercalares pechan este arco, conectando as hastas posteriores coas laterais.
  • O compoñente simpático provén da medula dorsal e lumbar, mentres que o parasimpático provén do encéfalo e da medula espiñal sacra.

Funcións[editar | editar a fonte]

Dilata as pupilas, aumenta a forza e a frecuencia dos latexados do corazón, dilata os bronquios, diminúe as contraccións estomacais e estimula as glándulas suprarrenais (que poden considerarse como unha expansión do simpático). Desde o punto de vista condutual prepáranos para a acción. O funcionamento do sistema nervioso simpático está asociado coa psicopercepción dun estímulo de carácter emocional non neutro.

A hiperhidrose ou suoración excesiva da faciana, mans e axilas está directamente relacionada co sobrestímulo do sistema simpático.

O mal funcionamento deste sistema ou unha relación inadecuada co sistema nervioso parasimpático pode provocar diversos síntomas agrupados baixo o nome xenérico de disautonomía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]