Anastasio Somoza Debayle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anastasio Somoza Debayle
Anastasio Somoza Debayle
Presidente de Nicaragua
Período: 1 de maio de 1967 - 1 de maio de 1972
Antecesor: Lorenzo Guerrero Gutiérrez
Sucesor: Triunvirato de goberno
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
Presidente de Nicaragua
Período: 1 de decembro de 1974 - 17 de xullo de 1979
Antecesor: Triunvirato de goberno
Sucesor: Francisco Urcuyo Maliaños
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 5 de decembro de 1925
Lugar: León, Nicaragua
Falecemento: 17 de setembro de 1980
Lugar: Asunción, Paraguai
Organización: Partido Liberal Nacionalista
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: Hope Portocarrero
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s):
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: militar e político
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Anastasio Somoza Debayle, nado en León (Nicaragua) o 5 de decembro de 1925 e finado en (Asunción) Paraguai, o 17 de setembro de 1980, foi un político e militar nicaraguano, presidente do seu país entre 1967 e 1972, e entre 1974 e 1979. Como xefe da Garda Nacional, mantivo o poder efectivo durante o período intermedio. Foi o último membro da familia Somoza que exerceu o poder, tras o seu pai e o seu irmán, unha dinastía de ditadores que comezou en 1934.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Anastasio Somoza Debayle foi o terceiro fillo de Anastasio Somoza García (chamado "Tacho"), que se converteu en Presidente de Nicaragua en 1936, e de Salvadora Debayle de Somoza. Sendo o máis xove dos Somoza foi educado en Florida e Long Island antes de graduarse na Academia Militar de West Point en 1946. Ao ano seguinte, foi nomeado polo seu pai xefe da Garda Nacional, que era o ente represivo e de sostén do réxime somocista. En decembro de 1950 casa por conveniencia coa súa prima Hope Portocarrero Debayle, con quen tivo cinco fillos: Anastasio, Carolina, Roberto, Carla e Xulio.

Tras o asasinato do seu pai en 1956, o maior dos Somoza, Luis Somoza Debayle, accedeu á presidencia. En 1967, pouco despois da morte do seu irmán, Anastasio Somoza foi elixido presidente por primeira vez. Tivo que deixar o cargo en 1972 a causa dunha lei que impedía a reelección inmediata.

O 23 de decembro daquel mesmo ano, un terremoto devastou a capital da nación, Managua, deixando máis de dez mil mortos e practicamente destruíndo o centro da cidade, Declarouse a lei marcial, convertendo a Somoza, en tanto que xefe da Garda Nacional, no dirixente de facto do país. Posteriormente descubriuse que a familia Somoza lucrárase coa maior parte da axuda internacional ofrecida tras o terremoto.

A pesar de todo, Somoza foi elixido presidente nas eleccións de 1974, o seu interese en seguir manténdose no poder e a represión á poboación provocou a perdida do apoio dos sectores antes aliados, como a oligarquía, Estados Unidos e a Igrexa Católica. A finais dos setenta, grupos defensores dos dereitos humanos denunciaban as violacións dos mesmos, cometidas polo seu goberno. De setembro do 1978 ata o 17 de xullo de 1979, el e o seu fillo Anastasio Somoza Portocarrero provocaron unha guerra civil, ordenando o asasinato de civís e o bombardeo con artillería e avións as cidades principais de Nicaragua que caeran en mans do levantamento popular dirixido polas forzas sandinistas. Baixo o liderado de pai e fillo, a Garda Nacional asasinou a 50.000 cidadáns nicaraguanos.

Fin do réxime de Somoza[editar | editar a fonte]

A madrugada do 17 de xullo de 1979 fuxiron a Miami poñendo fin ao réxime somocista. Pouco tempo despois Anastasio Somoza Debayle conseguiu refuxio en Paraguai grazas ao ditador dese país Alfredo Stroessner. Foi asasinado o 17 de setembro do ano seguinte en Asunción por forzas do Exército Revolucionario do Pobo[Cómpre referencia]. Divorciárase da súa primeira esposa e vivía coa súa amante de moitos anos: Dinorah Sampson.

Presidente de Nicaragua

Segue a:
Lorenzo Guerrero Gutiérrez
Anastasio Somoza Debayle
Precede a:
Triunvirato de Goberno
Partido Liberal Nacionalista