Rally Dakar
O Rally Dakar (anteriormente Rally París-Dakar) é unha competición de motor anual disputada durante as dúas primeiras semanas de xaneiro e está considerado como o Rally máis duro do mundo. Durante o tempo que dura a proba, levava aos corredores dende algunha cidade europea, ata a cidade de Dakar (Senegal). Durante moitos anos partiu de París, pero dende 1995 foi cambiando o seu lugar de inicio por outras cidades europeas, fundamentalmente por motivos publicitarios e/ou políticos, xa que a verdadeira competición non comezaba ata que se entraba no continente africano. En 2008 non se disputou[1] e dende 2009 celébrase na América do Sur (Arxentina, Chile e máis recentemente tamén Perú), cun percorrido de máis de 9.000 quilómetros, incluíndo o deserto do Atacama.[2]
A pesar do nome, o Dakar é máis unha carreira de resistencia ca un Rally convencional. Os vehículos participantes son completamente todoterreo e o terreo varía considerablemente, atravesando zonas de area, rochas, barro ou vexetación.
A inscrición na proba é aberta, o cal convértea na carreira idónea para amantes da aventura. A participación de competidores amateurs chega con frecuencia ao 80 % dos inscritos.
Índice |
Historia e trazado [editar]
A proba foi fundada en 1979, despois de que o piloto Thierry Sabine se perdese no deserto e considerase a súa experiencia digna de ser reproducida nun rally. O que empezou como unha aventura en estado puro, sen apenas organización, evolucionou ata converterse nun gran despregue tecnolóxico, con máis de mil persoas implicadas entre organización, participantes e asistencia.
O trazado da carreira cambiou ao longo dos anos, tanto o inicio como o final, por mor de diversos motivos. Ata 1994, a carreira foi fiel á rota orixinal, sendo París o inicio e Dakar o final. Precisamente en 1994, a carreira variou e, unha vez en Dakar, regresaba de novo a París. Debido a problemas co alcalde de París, o final tivo que ser cambiado, dos Campos Elisios a Eurodisney. A partir de entón, o lugar de inicio da carreira foi cambiando entre distintas cidades europeas, como Granada, Marsella, Barcelona ou Lisboa e ultimamente a Buenos Aires[3] ou Lima.
A ruta no continente africano tamén se viu modificada en multitude de ocasións por problemas políticos, ás veces derivados de accións de guerrilla ou guerras civís.
Lista dos trazados [editar]
- 1979–1988: París – Alxer – Dakar.[4]
- 1989: París – Tunes – Dakar.
- 1990–1991: París – Trípoli – Dakar.
- 1992: París – Cidade do Cabo.
- 1993: París – Dakar.
- 1994: Paris – Dakar – Paris.
- 1995–1996: Granada – Dakar.
- 1997: Dakar – Agadez – Dakar.
- 1998: París – Granada – Dakar.
- 1999: Granada – Dakar.
- 2000: Dakar – O Cairo.
- 2001: París – Dakar.
- 2002: Arras – Madrid – Dakar.
- 2003: Marsella – Sharm el Sheikh.
- 2004: Clermont-Ferrand – Dakar.
- 2005: Barcelona – Dakar.
- 2006-2007: Lisboa – Dakar.
- 2008: Non se disputou.[5]
- 2009: Buenos Aires – Valparaíso – Buenos Aires.
- 2010: Buenos Aires - Antofagasta - Buenos Aires.
- 2011: Buenos Aires - Arica - Buenos Aires.
- 2012: Mar del Plata - Copiapó - Lima.
Vehículos e clases [editar]
Existen tres categorías principais na competición: motocicletas, coches e camións. Á súa vez cada categoría divídese en subcategorías, segundo sexa o equipo profesional ou privado, e segundo o tipo de vehículo (de serie ou modificado).
Motocicletas [editar]
Trátase da categoría máis perigosa das tres, por ser a moto un vehículo que deixa desprotexido ao condutor. Tamén é a categoría máis popular, por ser a máis accesible respecto ao custo para competidores privados. Divídese nas seguintes subcategorías:
- Máis de 450 cm³.
- Maratón: motocicletas de serie.
- Quads.
Coches [editar]
Algunhas grandes marcas compiten nesta categoría con fins publicitarios (equipos oficiais) e para probar novas tecnoloxías que despois se aplican aos coches de rúa.
Divídese nas seguintes subcategorías:
- T1: vehículos de serie.
- T2: vehículos de serie modificados.
- T3: prototipos. Esta categoría eliminouse en 2002.
Camións [editar]
Considérase a categoría máis espectacular. Non tódolos camións compiten, xa que a maioría só realizan funcións de asistencia. Algúns equipos mesturan as funcións de asistencia coa competición, e uns poucos equipos céntranse exclusivamente na competición. Esta categoría existe como tal dende 1999; nas edicións anteriores, os camións estaban englobados na categoría de coches.
Durante os anos oitenta, competían tamén prototipos de camións, pero prohibiuse a súa participación debido aos graves accidentes que se producían, ao atinxir estes grandes velocidades.
Gañadores do Dakar [editar]
| Ed. | Ano | COCHES | MOTOS | CAMIÓNS | Ruta | |||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Piloto Copiloto |
Vehículo | Piloto | Vehículo | Piloto | Vehículo | |||
| 33ª | 2012 | MINI | KTM 450 Rally | Iveco | Mar del Plata - Copiapó - Lima |
|||
| 32ª | 2011 | Volkswagen Race Touareg | KTM 450 Rally | Kamaz | Buenos Aires - Arica - Buenos Aires |
|||
| 31ª | 2010 | Volkswagen Race Touareg | KTM 690 Rally | Kamaz | Buenos Aires - Antofagasta - Buenos Aires |
|||
| 30ª | 2009 | Volkswagen Race Touareg | KTM 690 Rally | Kamaz | Buenos Aires - Valparaíso - Buenos Aires |
|||
| 29ª | 2007 | Mitsubishi Pajero | KTM 690 Rally | MAN SE | Lisboa - Dakar | |||
| 28ª | 2006 | Mitsubishi Pajero | KTM LC4 660R | Kamaz | Lisboa - Dakar | |||
| 27ª | 2005 | Mitsubishi Pajero | KTM LC4 660R | Kamaz | Barcelona - Dakar | |||
| 26ª | 2004 | Mitsubishi Pajero | KTM LC4 660R | Kamaz | Clermont-Ferrand - Dakar | |||
| 25ª | 2003 | Mitsubishi Pajero | KTM LC4 660R | Kamaz | Marsella - Sharm el Sheikh | |||
| 24ª | 2002 | Mitsubishi Pajero | KTM LC8 950R | Kamaz | Arras - Madrid - Dakar | |||
| 23ª | 2001 | Mitsubishi Pajero | KTM LC4 660R | Tatra | París - Dakar | |||
| 22ª | 2000 | Schlesser-Renault Buggy | BMW F650RR | Kamaz | París - Dakar - O Cairo | |||
| 21ª | 1999 | Schlesser-Renault Buggy | BMW F650RR | Tatra | Granada - Dakar | |||
| 20ª | 1998 | Mitsubishi Pajero | Yamaha YZE850T | Tatra | París - Granada - Dakar | |||
| 19ª | 1997 | Mitsubishi Pajero | Yamaha YZE850T | Hino | Dakar - Agadez - Dakar | |||
| 18ª | 1996 | Citroën ZX | Yamaha YZE850T | Kamaz | Granada - Dakar | |||
| 17ª | 1995 | Citroën ZX | Yamaha YZE850T | Tatra | Granada - Dakar | |||
| 16ª | 1994 | Citroën ZX | Cagiva Elefant 900 | Tatra | París - Dakar - París | |||
| 15ª | 1993 | Mitsubishi Pajero | Yamaha YZE850T | Perlini | París - Dakar | |||
| 14ª | 1992 | Mitsubishi Pajero | Yamaha YZE850T | Perlini | París - Sirte - Cidade do Cabo | |||
| 13ª | 1991 | Citroën ZX | Yamaha YZE750T | Perlini | París - Trípoli - Dakar | |||
| 12ª | 1990 | Peugeot 405 T16 | Cagiva Elefant 900 | Perlini | París - Trípoli - Dakar | |||
| 11ª | 1989 | Peugeot 405 T16 | Honda NXR800V | París - Tunes - Dakar | ||||
| 10ª | 1988 | Peugeot 205 T16 | Honda NXR800V | Tatra | París - Alxer - Dakar | |||
| 9ª | 1987 | Peugeot 205 T16 | Honda NXR750V | DAF | París - Alxer - Dakar | |||
| 8ª | 1986 | Porsche 959 | Honda NXR750V | Mercedes-Benz | París - Alxer - Dakar | |||
| 7ª | 1985 | Mitsubishi Pajero | BMW GS980R | Mercedes-Benz | París - Alxer - Dakar | |||
| 6ª | 1984 | Porsche 911 | BMW GS980R | Mercedes-Benz | París - Alxer - Dakar | |||
| 5ª | 1983 | Mercedes 280 G | BMW GS980R | Mercedes-Benz | París - Alxer - Dakar | |||
| 4ª | 1982 | Renault 20 | Honda XR550 | Mercedes-Benz | París - Alxer - Dakar | |||
| 3ª | 1981 | Range Rover | BMW GS800R | ALM/ACMAT | París - Alxer - Dakar | |||
| 2ª | 1980 | Volkswagen Iltis | Yamaha XT500 | Sonacome | París - Alxer - Dakar | |||
| 1ª | 1979 | Range Rover | Yamaha XT500 | París - Alxer - Dakar | ||||
Meirande número de vitorias [editar]
Os que obtiveron meirande número de vitorias. Resaltados os que gañaron en máis dunha categoría.
Actualizado a 1 de xaneiro de 2012.
| COCHES | MOTOS | CAMIÓNS | |||
|---|---|---|---|---|---|
| piloto | nº v. | piloto | nº v. | piloto | nº v. |
| 4 | 6 | 7 | |||
| 3 | 5 | 6 | |||
| 4 | 4 | 2 | |||
| 3 | 3 | 2 | |||
| 2 | 4 | 2 | |||
| 2 | 3 | ||||
| 1 | 2 | ||||
| 2 | |||||
| 2[13] | |||||
| construtor | nº v. | construtor | nº v. | construtor | nº v. |
| 12 | 11 | 10 | |||
| 4 | 9 | 6 | |||
| 4 | 6 | 5 | |||
| 4 | 5 | 4 | |||
| 2 | |||||
| 2 | |||||
| 2 | |||||
Galegos no Dakar [editar]
Galegos que participaron no Dakar.
- 2000:
Fran Gómez Pallás, moto. - 2003:
Fran Gómez Pallás, moto.[14] - 2005:
Fran Gómez Pallás, moto.[15] - 2006:[16]
- 2007:[17]
- 2008: Non se disputou.[21]
- 2009:
- 2010:
José López Rivas, coche.[25][26] - 2012:
José López Rivas, coche.[27][28]
Controversia [editar]
Científicos denunciaron os danos que o rally provoca ao patrimonio arqueolóxico.[29]
Mortes no Dakar [editar]
Varios participantes morreron durante a disputa dalgunha das edicións:
- 1979: Patrick Dodin, motorista, por mor dunha caída.
- 1982: Bert Oosterhuis, motorista, por mor dunha caída.
- 1983: Jean Noël Pineau, motorista, por mor dun atropelo.
- 1986: Yasuo Kaneko, motorista, nun accidente.
- 1988:[30]
- Kees Van Loevezijn, copiloto de camión, nun accidente.
- Patrick Canado, copiloto, nun accidente.
- 1991: Charles Cabanne, condutor de camión, por un disparo.
- 1992:
- Jean Marie Sounillac e Laurent Lle Bourgeois, piloto e copiloto de camión, nun accidente.
- Gilles Lalay, motorista, por unha caída.
- 1994: Michel Sansen, motorista, por unha caída.
- 1996: Laurent Gueguen, condutor de camión, por unha explosión.
- 1997: Jean Pierre Leduc, motorista, por unha caída.
- 2003: Bruno Cauvy, copiloto de coche, nun accidente.
- 2005:
- José Manuel Pérez, motorista, por unha caída.
- Fabrizio Meoni, motorista, por unha caída.
- 2006: Andy Caldecott, motorista, por unha caída.[31]
- 2007:
- 2009: Pascal Terry, motorista, por edema pulmoar.[34]
- 2012: Jorge Martínez Boero, motorista.
O número de falecidos elévase por enriba da media centena se se engaden as mortes doutras persoas, dende nenos e mulleres de localidades africanas, a mecánicos ou xornalistas que cubrían o evento.
Thierry Sabine, fundador da proba, faleceu en 1986 durante a disputa do rallye, ao estrelarse o helicóptero en que viaxaba, xunto a outros catro pasaxeiros.
Galería de imaxes [editar]
Notas [editar]
- ↑ Vieiros, "Suspenden o rali Lisboa-Dakar pola “ameaza de Al Qaida”", nova en Vieiros, 4 de xaneiro de 2008.]
- ↑ "La organización quiere convertir el Dakar en algo muy extremo", La Voz de Galicia, 31 de decembro de 2009.
- ↑ Vieiros, "O Dakar 2010 volverá a Arxentina e Chile", Vieiros, 3 de marzo de 2009.
- ↑ Dakar Retrospective 1979-2007, 176 páx. (en inglés).
- ↑ Galiciaé, O Lisboa-Dakar suspéndese polas ameazas de Al-Qaeda aos intereses franceses, 04/01/2008
- ↑ "Carlos Sainz conquista el Dakar", Xornal de Galicia, 16 de xaneiro de 2010 (en castelán).
- ↑ La Voz de Galicia, Coma confirma su triunfo en motos en el Dakar y el sudafricano De Villiers gana el de coches, 18/01/2009.
- ↑ Galiciaé, O español Marc Coma conquista o seu segundo Dakar, 17/01/2009.
- ↑ "El Lago Rosa encumbra a Despres y Peterhansel", La Voz de Galicia, 21 de xaneiro de 2007.
- ↑ "Després gana el Dakar en motos y Peterhansel en coches", Xornal de Galicia, 16 de xaneiro de 2005.
- ↑ "Roma entra en la leyenda del deporte español al lograr el triunfo en el Dakar", Xornal de Galicia, 18 de xaneiro de 2004.
- ↑ "Unha muller gaña o rali París-Dakar", Vieiros, 22 de xaneiro de 2001.
- ↑ La Voz de Galicia, Fabrizio Meoni, segunda víctima mortal del Barcelona-Dakar, 11/01/2005.
- ↑ Vieiros, Comeza a aventura de Dakar para Fran Gómez Pallas, 31/12/2004.
- ↑ Vieiros, Adeus ao Dakar de Fran Gómez Pallas, 05/01/2005.
- ↑ Vieiros, Agra e Gómez Pallas rematan o Dakar, 16/01/2006.
- ↑ Vieiros, Galiza queda sen representantes no Dakar, 12/01/2007.
- ↑ Vieiros, O carballés Fran Gómez comeza a súa quinta aventura no Dakar, 06/01/2007.
- ↑ Finisterre.org Non puido ser, Fran abandona o dakar, 10/01/2007.
- ↑ Dakar.com En 2007 abandonou na 5ª etapa.
- ↑ El Progreso, José López Rivas: "El espíritu del Dakar seguirá vivo", 21/01/2008.
- ↑ Vieiros, Gómez Pallas afronta a parte máis dura do Dakar, 13/01/2009.
- ↑ Finisterrae.org, Fran termina o Dakar nº 79, 20/01/2009.
- ↑ Vieiros, O coche galego do Dakar retírase, 11/01/2009.
- ↑ Galicia-Hoxe, Único representante galego no Dakar, 27/12/2009.
- ↑ El Correo Gallego, Una avería en el Mitsubishi deja fuera al equipo gallego, 14/01/2010
- ↑
A Solaina, programa da TVG, do 26/12/2011, a partir do minuto 55:52. - ↑ Dakar.com. O galego abandona na segunda etapa.
- ↑ Colegio de Arqueólogos alerta por daños del Rally Dakar, 10/12/2011 (en castelán).
- ↑ ABC, Las dos muertes ocurridas en esta edición ponen en peligro el futuro de la prueba africana, 12/01/1988.
- ↑ Faro de Vigo, El desierto se cobra otra vida, 10/01/2006.
- ↑ La Voz de Galicia, El Dakar se cobra la vida del sudafricano Elmer Symonds, 09/01/2007.
- ↑ Faro de Vigo, Fallece el francés Aubijoux de un paro cardiaco en el Dakar, 20/01/2007.
- ↑ Galiciaé, Morre o motorista Pascal Terry no Dakar 2009, 07/01/2009.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Dakar retrospective 1979 - 2007. pdf (en inglés). 2007. pp. 176 páxinas, 8'90 MB.
- Bueno Borja, Pablo (2006). Aventura en África: Tras la huella del Dakar. (en castelán). Ed. Dossat,. pp. 222 p. ISBN 978-84-96437-42-5.
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial do Dakar (en francés, inglés e castelán).
- MarathonRally.com (en varias linguas).