Mitsubishi
| Tipo | conglomerado empresarial |
|---|---|
| Fundación | 1870 |
| Localización | Tokio, |
| Fundador | Yataro Iwasaki |
| Persoas clave | Ken Kobayashi (CEO) |
| Industria | Automomoción Telecomunicacións Enerxía Naval |
| Produtos | Electrónica Telecomunicacións coches buques |
| Número de empregados | 350.000 (en 2010) |
| Páxina web | mitsubishi.com |
Mitsubishi (三菱グループ, Mitsubishi Gurūpu) tamén coñecido como Mitsubishi Group Companies ou Mitsubishi Companies é un conglomerado internacional de empresas independentes xaponesas.
O grupo de empresas Mitsubishi forman unha entidade independente, Mitsubishi Keiretsu (grupo de empresas afíns) en xeral todas estas empresas descenden dos zaibatsu do mesmo nome (literalmente: camarilla financeira). As 25 principais empresas son tamén membros da Kin'yōkai Mitsubishi, o "Club Venres", que reúnese mensualmente.
O nome e a icona de Mitsubishi significa tres diamantes.
Índice |
Historia [editar]
O Espírito Mitsubishi [editar]
As compañías que forman parte de Mitsubishi comparten un forte sentimento de responsabilidade corporativa e social. Ese sentimento data da orixe vai máis de 140 años dado polo seu fundador samurai. Koyata Iwasaki fixou estes principios nos anos 1930. 80 anos despois, o espírito e os valores de esta "Sankoryo" seguen vivos e vixentes na actualidade.
Mitsubishi basease en tres principios:
- 所期奉公 "Shoki Hoko"= Responsabilidade corporativa e social. Esforzarse para enriquecer á sociedade, tanto material como espiritualmente, ao tempo que contribúe á conservación do medio ambiente mundial.
- 处事光明 "Shoji Komei" = integridade e xustiza. Manter os principios de transparencia e honestidade, a realización de negocios con integridade e beneficio mutuo.
- 立业贸易 "Ritsugyo Boeki" = Comprensión Mundial a través dos negocios. Expandir os negocios, baseado nunha perspectiva global que abrangue todo.
As orixes de Mitsubishi están nunha empresa navieira, Tsukumo Shokai, que comezou a operar con tres vellos barcos de vapor. A empresa medrou rapidamente e foi trocando de nome co tempo: Mitsukawa Shokai, Shokai Mitsubishi, Mitsubishi Jokisen Kaisha (Mitsubishi Steamship Company), Yubin Kisen Kaisha Mitsubishi (Mitsubishi Mail Steamship Company).
Mitsubishi Mail Steamship Company inaugurou o servizo a China e foi a primeira empresa xaponesa en ter ruta comercial co estranxeiro. En 1880 o goberno xaponés permitiu que outra empresa fixese a mesma rota e as dúas empresas estiveron a piques de pechar. O goberno xaponés mediou na fusión das dúas empresas. Mitsubishi diversificou o negocio adicándose á minería, construción naval mercando o estaleiro de Nagasaki en 1884 e máis tarde iniciando a produción de aceiro alí. A partires de 1893 a empresa entrou noutros negocios como o papeleiro mercando unha fábrica en Kobe, a actual Mitsubishi Paper Mills. Fundouse Asahi Glass, o primeiro fabricante de cristan en Xapón que tivo éxito. Ao iniciarse a Primeira Guerra Mundial Mitsubishi fixo un chamamento a tódolos traballadores pedíndolles un compromiso de integridade e imparcialidade.
A partires de 1916 Mitsubishi modernizouse aínda máis incorporado empresas semiautónomas. Koyata Mitsubishi dirixido ao liderado en sectores como a maquinaria, equipos eléctricos e produtos químicos. Son as empresas que máis tarde convertéronse en Mitsubishi Heavy Industries fabricante de automóbiles, avións, tanques e autobuses e Mitsubishi Electric que tamén chegou a ser un líder en maquinaria eléctrica e aparellos electrodomésticos.
Mitsubishi na Segunda Guerra Mundial [editar]
Durante a Segunda Guerra Mundial, Mitsubishi fabricou avións baixo a dirección do Dr. Jiro Horikoshi. O mítico Mitsubishi A6M ("Zero") foi un avión caza empregado principalmente pola armada xaponesa na Segunda Guerra Mundial. Foi empregado polos pilotos da Armada Imperial Xaponesa durante toda a guerra, incluso en ataques kamikazes durante as etapas posteriores. Os pilotos americanos estaban abraiados pola súa manobrabilidade, e foi un grande éxito no combate ata que os aliados idearon tácticas para empregar a súa potencia de fogo e a velocidade.
Mitsubishi empregou traballadores forzados e escravos durante a guerra. Os traballadores eran prisioneiros de guerra aliados, chineses e cidadáns coreanos. Na posguerra, as demandas e esixencias de compensacións foron presentados contra a Corporación Mitsubishi, en particular polos ex traballadores escravos chineses.
Mitsubishi estivo involucrado no tráfico de opio en China durante este período[1].
Posguerra [editar]
Ao finalizar a guerra os americanos esixiron a división da empresa e o abandono de moitos dos seus negocios. Co tempo as empresas foron volvendo a medrar xurdindo as anteriores relacións entre o grupo de empresas que formaba Mitsubishi.
Empresas do grupo [editar]
- Asahi Glass Co.
- The Bank of Tokyo-Mitsubishi UFJ
- Kirin Brewery Co., Ltd.
- Meiji Yasuda Life Insurance Company
- Mitsubishi Corporation
- Mitsubishi Aircraft Corporation
- Mitsubishi Electric Corporation
- Mitsubishi Estate Co.
- Mitsubishi Heavy Industries, Ltd.
- Mitsubishi Materials Corporation (MMC)
- Mitsubishi Logistics
- Mitsubishi Motors (Automóbiles, fabricación e vendas)
- Mitsubishi Paper Mills, Ltd.
- Mitsubishi Plastics, Inc.
- Mitsubishi Rayon Co., Ltd.
- Mitsubishi Research Institute, Inc.
- Mitsubishi Shindoh Co., Ltd.
- Mitsubishi Steel Mfg. Co., Ltd.
- MSSC Inc.
- Mitsubishi UFJ Trust and Banking Corporation (parte de Mitsubishi UFJ Grupo Financeiro)
- Mitsubishi UFJ Securities
- Nikon Corporation
- Nippon Oil Corporation
- NYK Line (Nippon Yusen Kabushiki Kaisha)
- P.S. Mitsubishi Construction Co., Ltd.
- Tokio Marine & Nichido Fire Insurance Co., Ltd.
Esas compañías son membros de Mitsubishi Kinyokai (o Friday Club), que se reune mensualmente.
Notas [editar]
- ↑ Hastings, Max (2007). Retribution. New York: Vintage. p. 413. ISBN 978-0-307-27536-3.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina web de Mitsubishi (en varias linguas)