Antofagasta, Chile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 23°38′39″S 70°24′39″W / 23.64417°S 70.41083°W / -23.64417; -70.41083

Juan López, primeiro habitante de Antofagasta. Obra de Osvaldo Ventura López.
Comuna de Antofagasta, Chile.

Antofagasta é unha comuna e unha cidade do litoral do norte do Chile. Limita ó sur con Taltal, ó norte con Sierra Gorda, Mejillones e San Pedro de Atacama, ó oeste co Océano Pacífico e ó leste coa Provincia de Salta, Arxentina.

Capital da Provincia de Antofagasta e capital rexional da Rexión de Antofagasta, segundo o censo nacional, realizado no 2002 polo Instituto Nacional de Estatísticas de Chile, Antofagasta era a quinta cidade máis poboada do país con 285.255 habitantes, por detrás de Santiago, Valparaíso, Concepción e La Serena, e na última proxección demográfica levada a cabo polo INE no 2009, indicaba que a cidade tiña unha poboación estimada de 360.473 habitantes.

Foi fundada en 1870 e era parte de Bolivia, foi ocupada en 1879 polos chilenos e despois da Guerra do Pacífico continuou no poder dos chilenos.

A cidade de Antofagasta encóntrase intimamente ligada á actividade mineira, sendo a zona mineira por excelencia do país. Na última década presentou un sostido crecemento nas áreas de construción, comercio, hospedaxe hoteleira, aumento demográfico, e un notable desenvolvemento urbano.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Antofagasta, Chile