Ari Vatanen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ari Pieti Uolevi Vatanen
Informacións
NomeAri Pieti
ApelidoUolevi Vatanen
Data de nacemento 27 de abril de 1952
País Finlandia Finlandia
Carreiras 101
Primeira carreira 1974, Rallye 1000 Lagos
Última carreira 2003, Rallye Finlandia
Vitorias 10
Primeira vitoria 1980, Rallye Acrópole
Última vitoria 1985, Rallye Suecia
Último equipo Volkswagen
Vehículos
1976-82
1982-84
1984-87
1987
1988
1988-90
1988-91
1991
1991-93
1993-94
1994-98
1998
2003-05
2003
2007
2008
Ford Escort RS1800 Mk2
Opel Ascona 400
Peugeot 205 T16
Ford Sierra Cosworth
BMW M3
Peugeot 405 T16
Mitsubishi Galant VR-4
Citroën ZX Rallye Raid
Subaru Legacy RS
Subaru Impreza 555
Ford Escort RS Cosworth
Ford Escort WRC
Nissan
Peugeot 206 WRC
Volkswagen
Ford Escort RS1800 Mk2
Principais vitorias
Mundial de Rallyes en 1981
Rally Dakar no 1987, 1989, 1990 e 1991.
1981 Ford Escort RS de Vatanen
Peugeot 205 Turbo 16 nunha carreira de clásicos no 2008.
O Peugeot 405 T16 de Vatanen

Ari Pieti Uolevi Vatanen, nado en Espoo o 27 de abril de 1952, é un expiloto de Rallys e político finlandés. Os seus equipos foron Opel, Ford, Peugeot, Subaru, BMW e Mitsubishi. O seu primeiro Rally foi o de Finlandia en 1974 e o derradeiro foi no 2003 en Finlandia. O vehículo que usou no Dakar foi o Peugeot, Citroën, Nissan e o Volkswagen.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu en Espoo, na rexión metropolitana de Helsinqui, pero medrou na zona rural de Tuupovaara no leste de Finlandia.

Este finés casado e con 4 fillos, comezou a correr no ano 1970, facendo o seu debut profesional nun Rally na súa Finlandia natal, na súa primeira carreira profesional.

No 1976 firmou o seu primeiro contrato profesional con Ford. Porén, non foi ata o 1980 cando acadaría o primeiro triunfo importante da súa carreira ós mandos dun Ford Escort RS1800 Mk2,e con David Richards de copiloto. Rematou a súa carreira no Mundial de Rallyes do ano 1998, pero non se desligou do mundo do automobilismo.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

No ano 1993 radicouse no sur de Francia onde adquiriu unha granxa e unha viña. Interesouse pola política e, no 1999, xa establecido en Francia, foi escollido para o eurodeputado nas listas do Partido de Coalición Nacional finlandés, de tendencia conservadora. Centrouse en temas como os impostos de vehículos, as políticas de control de tráfico, as axudas para os países en desenvolvemento e as políticas agrícolas. No 2004 foi reelixido, nesta volta polo partido conservador francés Unión por un Movemento Popular.

Traxectoria de piloto de automobilismo[editar | editar a fonte]

Vatanen está considerado como un dos mellores pilotos na historia do Mundial de Rallyes, e máis concretamente no Grupo B. O seu debut profesional foi un rally na súa Finlandia natal. Non obstante, non sería ata o 1976 cando firmou o seu primeiro contrato profesional con Ford, ano no que acadaría dúas vitorias no Campionato Inglés. Nos anos seguintes, 1977 e 1978, acadaría outras catro vitorias nos Rallys do Campionato Inglés.

No 1980 acadou o primeiro triunfo importante da súa carreira ós mandos dun Ford Escort RS1800 Mk2,e con David Richards de copiloto, Vatanen impúxose no Rallye Acrópolis. O mérito era enorme, xa que Ford dedicarase durante o 1980 ó desenvolvemento de modelos novos, có que Ari Vatanen encabezou o famoso equipo "Rothmans", totalmente privado.

Ari Vatanen seguiu correndo ese ano, logrando outros resultados importantes, como un segundo posto no Rallye de 1000 Lagos e outro no Rallye de San Remo.

O ano 1981, foi un dos anos máis importantes na vida deportiva do finés, xa que neste ano se fíxose có Campionato do Mundo de Rallyes, despois de colleitar tres vitorias nos Rallyes de Acrópole, Brasil e novamente no 1000 Lagos. Converteuse no primeiro e único piloto ata a data en gañar un Mundial de Rallys cun equipo privado.

No 1982 seguiu correndo co Ford Escort RS1800 Mk2,pero tan só concorreu a un par de probas antes de marchar a Opel. Sendo neste mesmo ano cando trocou de copiloto, asociándose có veterano Terry Arriman. Non sendo un bo ano en xeral para Vatanen, tentando acostumarse á súa nova montura, o Opel Ascona 400,un vehículo espectacular, con tracción traseira e 270 CV, que levara a Walter Rohrl a proclamarse campión do mundo no 1982.

No 1983 Ari Vatanen conseguiría impoñerse no Rallye Safari coa súa nova montura, sendo esta a única vitoria que acadou có Opel Ascona 400 (Durante este Rallye, Vatanen tería o seu primeiro contacto con Jean Todt). Ese mesmo ano correría tamén co Opel Manta 400, que viña a ser a continuación do Ascona, inda que este coche non acadou bos resultados nas probas do Campionato do Mundo, aínda que si noutros Rallyes británicos e franceses.

No ano 1984, Jean Todt, por aquel entón xefe de Peugeot Sport, conseguira que o novo Peugeot 205 T16 (Un dos mellores coches de Rallye da historia), estivera a punto para ese ano. Porén, faltáballe un piloto e só contaba con Jean Pierre Nicolás, alcumado cariñosamente "O gordo". Soando para o posto nomes de pilotos como o de Rohrl, Markku Alen, o malogrado Toivonen... e Ari Vatanen, que se atopaba nunha situación máis incómoda que os demais, e aceptou a oferta de Jean Todt sen demasiados miramentos. Deste xeito, todo estaba listo para o primeiro Rallye da tempada e o primeiro do Peugeot 205 T16, en Córsega. O Rally rematou co abandono de Ari Vatanen cando marchaba líder, tras un espectacular accidente a causa da choiva invisible dunha mañá gris; Jean Pierre Nicolás, "O Gordo", remataría nunha meritoria 4ª posición.

Despois dun novo abandono no Rallye Acrópolis, chegaría a espectacular racha de triunfos de Vatanen, ata cinco vitorias consecutivas, entre o 1984 e o 1985, sendo: 1984 Rallye 1000 Lagos, 1984 Rallye de San Remo,1984 Rallye RAC, 1985 Rallye de Montecarlo e no 1985 Rallye de Suecia.

Destaca de entre todas elas, unha, a acadada no 1985 no Rallye de Montecarlo, que encumbrou a Vatanen á categoría de mito, xa que tras unha penalización de 8 minutos por chegar antes de tempo a un control, Vatanen saíu con todo... "Imos a gañar a pesar de todo", dixo a Jean Todt. Tramo a tramo, foi gañando tempo a Rohrl, ata o derradeiro tramo, o porto de Saint-Raphael, con rodas de cravos, un coche achegábase á liña de meta. Era Ari Vatanen, dous minutos despois, seguía sen chegar Rohrl. Polo que Vatanen volvía a tomar a cabeza cun minuto e medio de antelación e gañaba o Rallye. Jean Todt, despois de aquilo, díxolle: "Eu pensaba en Ari. Ningún piloto fixera tal fazaña. Si,de verdade era dos mellores. Dende aquel día eu estaba en débeda con el para toda a vida". Nese mesmo ano producirase o accidente máis grave da súa carreira, acontecido no Rallye da Arxentina. Na 2ª proba especial, e despois de facer un scratch na 1ª especial, Ari Vatanen non chegaba á meta, polo que saíu un helicóptero na procura do coche, soando pouco despois na radio do box de Peugeot que localizaran o coche e que se trataba dun accidente moi grave. Ari Vatanen estivo ano e medio sen correr, recuperándose de tan tremendo accidente, pero non esqueceu como se conducía e no 1987, ós mandos do Peugeot 205, acada a vitoria no Dakar, con Bernard Giroux de copiloto.

Ese mesmo ano, logrou acabar 2º no Rallye 1000 Lagos cun Ford Sierra Cosworth.

No ano 1988 ficha polo equipo Mitsubishi, non sen antes probar un BMW M3 no Rallye 1000 Lagos dese ano. No Rally Dakar nese ano, o seu novo coche, o Peugeot 405 T16, foi misteriosamente roubado, quedando o finés eliminado..

Porén, logrou resarcirse na edición de 1989, gañando novamente o Dakar, con Bruno Berglund de copiloto. Aínda así, estaba lonxe de acadar aí a súa racha de triunfos na proba africana, xa que no ano 1990, novamente co Peugeot 405 T16, e no 1991 co Citroen ZX Rallye Raid, volveu a selo máis rápido.

No ano 1989, Vatanen, tamén correu a mítica proba americana, a "Subida a Pikes Peak", acadando o mellor tempo, quedando o crono nun tempo de 10m 47s 22m, batendo o récord que tiña Walter Rohrl, nunha demostración de pilotaxe única.

Ó mesmo tempo, Ari Vatanen segue correndo no Mundial de Rallyes co Mitsubishi Galant VR-4, aínda que sen acadar grandes resultados.

Así chega ó equipo Subaru no 1991, para correr co Legacy RS (sendo o seu copiloto Bruno Berglund dende o 1988); acadando como mellor resultado con este coche, un 2º posto no Rallye RAC de Inglaterra do 1992.

No 1993, co novo e espectacular Subaru Impreza 555, acada outro 2º posto no Rally 1000 Lagos, no que era o debut do modelo xaponés en Rallye.

Xa chegado o ano 1994, Ari Vatanen volta novamente ó equipo Ford para correr co Escort RS Cosworth, acadando como mellores resultados dous terceiros postos, un no Rallye da Arxentina do ano 94, e outro no Rally Safari do 98, se ben aquí xa corría co Ford Escort WRC.

No ano 1998 deu por rematada a súa carreira no Mundial de Rallyes. Dende o 2003, participa novamente en competicións de Rally, especialmente no Rally Dakar, e gañou unha das tiradas no 2005. No Rally Dakar do 2003 volveu a competir acadando 3 vitorias de etapa co seu Nissan nº 204, demostrando que non esquecera facer o que mellor sabía pilotar un coche. Gañando unha das tiradas no Rally Dakar do ano 2005.

Disputou un total de 84 probas do Mundial de Rallys, gañando 10 delas e sendo 2º en 12 das mesmas.

Vitorias no Dakar[editar | editar a fonte]

Ano Coche Ruta
Piloto/Co-Piloto Modelo
1991 Finlandia Ari Vatanen/ Bruno Berglund Citroën ZX Rallye Raid París-Trípoli-Dakar
1990 Finlandia Ari Vatanen/ Bruno Berglund Peugeot 405 T16 París-Tripoli-Dakar
1989 Finlandia Ari Vatanen/ Bruno Berglund Peugeot 405 T16 París-Tunis-Dakar
1987 Finlandia Ari Vatanen/Francia Bernard Giroux Peugeot 205 T16 París-Argel-Dakar

WRC Vitorias[editar | editar a fonte]

Número Evento Ano Co-piloto Coche
1 Grecia 27º Rallye Acropolis 1980 David Richards Ford Escort RS1800
2 Grecia 28º Rallye Acropolis 1981 David Richards Ford Escort RS1800
3 3º Marlboro Rallye do Brasil 1981 David Richards Ford Escort RS1800
4 Finlandia 31º Rallye 1000 Lagos 1981 David Richards Ford Escort RS1800
5 Kenya 31º Marlboro Rallye Safari 1983 Terry Harryman Opel Ascona 400
6 Finlandia 34º Rallye 1000 Lagos 1984 Terry Harryman Peugeot 205 T16
7 Italia 26º Rallye San Remo 1984 Terry Harryman Peugeot 205 Turbo 16
8 33º Lombard RAC Rallye 1984 Terry Harryman Peugeot 205 Turbo 16
9 53º Rallye de Monte-Carlo 1985 Terry Harryman Peugeot 205 Turbo 16
10 35º Rallye de Suecia 1985 Terry Harryman Peugeot 205 Turbo 16

Outras Vitorias[editar | editar a fonte]

Número Ano Evento
1 1976 Series do Campionato do Aberto Británico
2 1980 Series do Campionato do Aberto Británico
3 1987 Rallye dos Faraóns
4 1988 Rallye de Tunisia
5 1988 Rallye do Atlas
6 1988 Rallye da Baixa
7 1988 Rallye dos Faraóns
9 1989 Rallye dos Faraóns
10 1990 Rallye Todo Terreo do Baixo Aragón
11 1992 Rallye Hong Kong-Beijing
12 1995 Rallye do Atlas
13 1995 Rallye Baixa Portugal
14 1996 Rallye Baixa España
15 1996 Rallye Master
16 1996 Rallye Hong Kong-Beijing
17 1997 Rallye do Atlas
18 1997 Rallye Baixa Portugal
19 1997 Rallye Master
20 1997 Rallye UAE Desert Challenge