Porsche 911

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Porsche 911
Porsche 911E ca 1969.jpg
Fabricante Alemaña Porsche
Produción 1964-1989
Predecesor Porsche 356
Sucesor Porsche 930 e Porsche 964
Motor 1.991, 2.195, 2.341, 2'687, 2'993, 3'162 cc bóxer 6
Potencia Entre 110 e 300 CV
Lonxitude Entre 4'291 m
Anchura Entre 1'652 m
Altura Entre 1'310 m

O Porsche 911 é unha serie de modelos de automóbil deportivo producida polo fabricante alemán Porsche entre os anos 1964 e 1989. Pertence ó segmento de deportivos con motor bóxer de 6 cilindros colocados na parte dianteira do coche, con tracción ás 2 rodas dianteiras e 2+2 asentos. Os primeiro motores eran de 2'0 litros, e co tempo chegaron os de 2'2 en 1969, de 2'4 en 1971, de 2'7 en 1974, de 3'0 en 1976 e 3'2 en 1983, pasando dunha potencia de 110 CV en 1964 ós 300 CV das últimas versións.

O éxito comercial da liña 911 fixo que tódolos sucesores deste modelo manteñan este nome comercial, malia ser modelos diferentes. Así, o 930, o 964, o 993, o 996, o 997 e o 991 actual, foron todos comercializados como Porsche 911.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]