Arras, Francia
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Arras (Atrecht en holandés, a lingua tradicional da cidade é o picardo) é un concello de 43.567 habitantes, capital do departamento de Pas-de-Calais
Historia [editar]
En orixe foi un asentamento da tribo celta dos atrebates, posteriormente os romanos convertérona nunha gornición co nome de Atrebatum.
Durante séculos Arras estivo na fronteira entre Francia e os Países Baixos, e frecuentemente cambiou de donos antes de se vencellar permanentemente a Francia en 1654. A Unión de Atrecht asinouse aquí en xaneiro de 1579 polos estados dos Países Baixos leais a Filipe II de España, o que provocou a declaración da Unión de Utrecht a fins dese mes.
Durante a Primeira Guerra Mundial, Arras estivo na primeira liña de fronte e unha longa serie de batallas coñécense como a Batalla de Arras e a cidade foi fortemente danada e tivo que se reconstruír despois da guerra. Na Segunda Guerra Mundial os alemáns ocuparon a cidade e executaron a 240 franceses sospeitosos de pertencer á Resistencia francesa.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
Web oficial (en francés)