Stéphane Peterhansel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stéphane Peterhansel
Stéphane Peterhansel.jpg
Informacións
Nome Stéphane
Apelido Peterhansel
Data de nacemento 6 de agosto de 1965
País Flag of France.svg Francia
Carreiras
Primeira carreira Camp. de Fra. de Enduro 1981
Última carreira Rally Dakar 2011
Vitorias
Primeira vitoria Rally de Túnez 1990
Rally do Atlas 1990
Última vitoria Rally Dakar 2007
Último equipo BMW X-Raid
Vehículos
2002 - 2009
2010 - 2011
Mit. Pajero Evol.
BMW X3 CC
Principais vitorias
Rally Dakar en 2007, 2005, 2004 (coches), 1998, 1997, 1995, 1993, 1992 e 1991 (motos).

Stéphane Peterhansel, nado en Échenoz-la-Méline (Alto Saona) o 6 de agosto de 1965, é un piloto de rallys de Francia. Obtivo a vitoria no Rally Dakar conducindo unha Yamaha en 1991, 1992, 1993, 1995, 1997, e 1998; e volveu a gañar en 2004, 2005 e 2007 conducindo un Mitsubishi Pajero, convertíndoo nun dos pilotos con máis éxito na historia da carreira. Competiu na Carreira de Campións en 2005 e 2006 e foi tamén campión por dúas veces do Campionato Mundial de Enduro.

Palmarés[editar | editar a fonte]

ano competición posición[1] vehículo
1991 Rally Dakar 1 Yamaha
1992 Rally Dakar 1 Yamaha
1993 Rally Dakar 1 Yamaha
1995 Rally Dakar 1 Yamaha
1997 Rally Dakar 1 Yamaha
1998 Rally Dakar 1 Yamaha
2004 Rally Dakar 1 Mitsubishi Pajero Evolution
2005 Rally Dakar 1 Mitsubishi Pajero Evolution
2007 Rally Dakar 1 Mitsubishi Pajero Evolution

Notas[editar | editar a fonte]