Jon Stewart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jon Stewart en 2008

Jon Stewart, nado Jonathan Stuart Leibowitz o 28 de novembro de 1962[1] en Nova York, é un satirista político, presentador de televisión, actor e humorista estadounidense, amplamente coñecido no seu país como o presentador de The Daily Show, un informativo satírico que emite Comedy Central.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Stewart comezou como humorista na década de 1980, chegou á televisión como presentador en 1991 de Short Attention Span Theater de Comedy Central. En 1992tivo o seu propio programa na MTV chamado You Wrote It, You Watch It, e posteriormente tivo outro programa na cadea The Jon Stewart Show (1993-1995) e en 1999 converteuse no presentador de The Daily Show substituíndo a Craig Kilborn, sendo tamén un dos produtores executivos e guionistas do programa centrándoo máis cara a política, levou un Emmy en 2001 e dous Peabody. Tamén actuou en varias películas como Big Daddy (1998) ou Death to Smoochy (2002).

Stewart gañou recoñecemento coa súa crítica satírica e acerba de personalidades dos medios de comunicación, en particular da CNN, Fox News Channel e MSNBC.[2] Os críticos afirman que Stewart pretende tratar de vez á política como unha broma e dar leccións de civismo.[3][4] Stewart concorda, dicindo que nin o seu programa nin a súa canle pretende outra cousa que a sátira e a comedia, aínda así o seu programa foi candidato e gañou premios pola súa cualidade xornalística e informativa. Stewart presentou os premios Óscar en dúas ocasións (2006 e 2008) e é coautor do libro America (The Book): A Citizen's Guide to Democracy Inaction, que foi un dos libros máis vendidos nos Estados Unidos en 2004[5] e Earth (The Book): A Visitor's Guide to the Human Race editado en 2010.

Notas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jon Stewart Modificar a ligazón no Wikidata