Jack Benny

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jack Benny
Jack Benny - 1964.jpg
Jack Benny en 1964.
Nacemento Benjamin Kubelsky
14 de febreiro de 1894
Chicago, Illinois, Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento 26 de decembro de 1974
Os Ánxeles, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Cómico, actor e músico
Cónxuxe(s) Mary Livingstone (1927–1974)
Fillo(s) 1
Ficha na IMDb

Jack Benny, nado como Benjamin Kubelsky o 14 de febreiro de 1894 en Chicago e finado o 26 de decembro de 1974 en Beverly Hills, foi un humorista e actor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Benny foi unha das personalidades estadounidenses do entretemento máis recoñecidas do século XX, permanecendo activo 39 anos tanto na radio, na televisión e no cine, os seus programas de radio e máis tarde de televisión foron inmensamente populares desde a década de 1930 ata a de 1960 e foron unha das influencias fundacionais da comedia de situación. Comezou a estudar o violín aos seis anos, e ese instrumento converteuse nun dos seus trazos característicos, a partir de 1911 tocábao en vodeviles da súa cidade natal e ao ano seguinte formou un dúo coa pianista Cora Salisbury. Participou na Primeira Guerra Mundial onde adoitaba entreter ás tropas co seu violín, logo da guerra seguiu a actuar en vodeviles e en 1929 interviu no seu primeiro filme The Hollywood Revue of 1929, un dos primeiros filmes sonoros. Foi co programa Jack Benny Program cando se converteu nunha figura coñecida en todo o país, emitiuse na radio desde 1932 ata 1955 e na televisión de 1950 ata 1965.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jack Benny Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]