Shirley MacLaine
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shirley MacLean Beaty, nada en Virxinia o 24 de abril de 1934, coñecida como Shirley MacLaine, é unha actriz estadounidense de cinema e teatro gañadora dos premios Óscar e Globo de Ouro. Á parte das súas interpretacións, coñécese tamén pola súa devoción na crenza da reencarnación. Así mesmo, escribiu numerosas obras autobiográficas, a maioría das cales tratan sobre as súas crenzas new age como o solipsismo así como tamén sobre a súa carreira en Hollywood. É a irmá maior de Warren Beatty.