Premios Tony

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Premios Tony
Tipogrupo de premios
Data de fundación1947
Nomeado en referencia aAntoinette Perry
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://www.tonyawards.com
Facebook: thetonyawards Twitter: thetonyawards Instagram: thetonyawards TikTok: thetonyawards Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Antoinette Perry Awards for Excellence in Theatre ou máis comunmente Premio Tony, é o nome do premio que recoñece ás obras do teatro de Broadway. Entrégao a American Theatre Wing nunha cerimonia anual na cidade de Nova York. As regras para os premios Tony establécense en "Rules and Regulations of The American Theatre Wing's Tony Awards" e son considerados o maior premio dado no teatro dos Estados Unidos, equivalente ao Oscar no cinema, o Grammy na música e o Emmy na televisión. O premio vótao un grupo de aproximadamente 700 xuíces das distintas áreas da industria do entretemento e da prensa.

Historia[editar | editar a fonte]

O premio creouse en 1947 por un comité da American Theatre Wing encabezado por Brock Pemberton. O nome do premio lembra a actriz e directora Antoinette "Tony" Perry, fundadora da American Theatre Wing[1] falecida en 1946.[2][3]

A primeira cerimonia de entrega tivo lugar o 6 de abril de 1947, no hotel Waldorf Astoria de Nova York.[4] Desde 1967 a entrega é retransmitida por televisión.

Críticas[editar | editar a fonte]

Polas características especiais dos Tony, moitos críticos suxeriron que estes premios son principalmente un vehículo de promoción para un reducido número de grandes empresas de produción e donos de teatros da cidade de Nova York.[5]

Para recibir unha candidatura, unha obra de teatro ten que estrearse nun dos 39 teatros do distrito de Broadway en Manhattan durante o último ano. A causa de que moitas obras de éxito quedan no mesmo teatro ano tras ano, nun ano típico tan só 20 ou 25 obras son candidatas e como hai 27 categorías, a maioría das novas obras reciben candidaturas.

Ao limitarse os premios ao circuíto de Broadway a maioría das obras de teatro profesionais dos Estados Unidos non poden ser candidatas, independentemente da súa calidade. A única excepción á regra é o Premio Tony ao Mellor Teatro Rexional, que pode recibir calquera teatro profesional do país.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gans, Andrew (18 de decembro de 2007). Playbill, ed. "League of American Theatres and Producers Announces Name Change". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2007. Consultado o 13 de setembro de 2013. 
  2. Nassour, Ellis (10 de xuño de 2011). "From The 2011 Tony Playbill: Who Was the Original 'Tony'?". Playbill. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2013. Consultado o 4 de xullo de 2013. 
  3. Nassour, Ellis. tonyawards.com, ed. "Who Is 'Tony'?". Consultado o 13 de setembro de 2013. 
  4. Bloom, Ken (2004). Taylor & Francis, ed. Broadway - Its History, People and Places. ISBN 978-0-415-93704-7. .
  5. Okrent, Daniel (9 de maio de 2004). "The Public Editor; There's No Business Like Tony Awards Business". The New York Times. Consultado o 13 de setembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]