Fred Astaire

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Fred Astaire

Fred Astaire (Frederick Austerlitz) (Omaha, Nebraska 10 de maio de 1899 - Chatsworth, California 22 de xuño de 1987). Bailarín e actor norteamericano.
Fillo dun emigrante austríaco, comezou a empregar o nome Astaire, coa súa irmán Adele, cando actuaba nun vodevil cando tiña cinco anos. A partir de 1917 el e a súa irmá apareceron en shows de Broadway, facéndose populares ata que en 1932 a súa irmá casa con Charles Cavendish, fillo do duque de Devonshire. Fred marcha a Hollywood, en 1933 actúa na película Flying Down to Rio (Voando a Río), con Ginger Rogers que tivo un grande éxito e fixo que actuasen xuntos noutras nove películas, converténdose nunha das parellas máis famosas do cine. Formou tamén parella cinematográfica con Eleanor Powell, Rita Hayworth, Judy Garland, Cyd Charisse e Audrey Hepburn. Retirouse en 1971, aínda que seguíu aparecendo esporadicamente en películas e series de televisión.

[editar] Filmografía

Ferramentas persoais