Alec Baldwin
Alexander Rae "Alec" Baldwin III, nado o 3 de abril de 1958 en Amityville (Nova York), é un actor estadounidense.
Traxectoria[editar]
Baldwin conseguiu o recoñecemento na televisión polo seu traballo na serie Knots Landing, que se emitiu na CBS entre 1984 e 1986, interpretou papeis principais e secundarios en filmes como Beetlejuice (1988), The Hunt for Red October (1990), The Aviator (2004) e The Departed (2006) entre outros. A súa actuación no filme de 2003 The Cooler serviulle para obter unha candidatura aos Oscar. A partir de 2010 protagoniza xunto con Jack Donaghy a comedia de situación da NBC 30 Rock. Gañou dous premios Emmy, tres Globos de Ouro e catro Premios Screen Actors Guild. É irmán dos tamén actores Daniel Baldwin, William Baldwin e Stephen Baldwin