Helen Hayes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Helen Hayes
Helenhayes32767v.jpg
Nacemento Helen Hayes Brown
10 de outubro de 1900
Washington, D.C.
Falecemento 17 de marzo de 1993
Nyack, Nova York
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión actriz
Coñecido/a por First Lady of the American Theatre

Helen Hayes Brown, nada en Washington, D.C. o 10 de outubro de 1900 e finada en Nyack, Nova York o 17 de marzo de 1993, foi unha actriz de cinema, teatro e televisión estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla dunha aspirante a actriz, debutou no teatro con cinco anos, pero non marchou a Hollywood ata que o seu marido, o escritor Charles MacArthur, conseguiu un contrato na industria do cinema.

A súa primeira película sonora foi The Sin of Madelon Claudet, pola que gañou o oscar á mellor actriz. Tras este filme participou noutros éxitos, pero nunca chegou a ser unha actriz popular no cinema, e sempre preferiu o teatro.[1] non volvendo a Hollywood ata os anos cincuenta.

En 1970 gañou o oscar á mellor actriz de reparto por Airport, participando tamén en películas da Disney.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme
1917 The Weavers of Life
1928 The Dancing Town
1931 Arrowsmith
1931 The Sin of Madelon Claudet
1932 A Farewell to Arms
1932 The Son-Daughter
1933 The White Sister
1933 Another Language
1933 Night Flight
1934 What Every Woman Knows
1935 Vanessa: Her Love Story
1943 Stage Door Canteen
1952 My Son John
1953 Main Street to Broadway
1956 Anastasia
1970 Airport
1974 Herbie Rides Again
1975 One of Our Dinosaurs is Missing
1977 Candleshoe

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]