Agnes Moorehead

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agnes Moorehead
Agnes Moorehead Bewitched 1969.JPG
Moorehead en Bewitched, 1969
Nacemento Agnes Robertson Moorehead
6 de decembro de 1900
Clinton, Massachusetts
Falecemento 30 de abril de 1974
Rochester, Minnesota
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actriz
Cónxuxe(s) Jack G. Lee (1930-1952)
Robert Gist (1954-1958)
Ficha na IMDb

Agnes Robertson Moorehead, nada en Clinton (Massachusetts) o 6 de decembro de 1900 e finada en Rochester (Minnesota) o 30 de abril de 1974 foi unha actriz estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Moorehead sentiuse atraída pola interpretación desde que era pequena e tras graduarse e traballar como mestra, entrou na American Academy of Dramatic Arts, da que se graduou con honores en 1929. Inicialmente a súa carreira foi amodo, atopando pequenos traballos no teatro e na radio. A actriz Helen Hayes suxeriulle que probase o cinema, pero os primeiros intentos non foron ben e volveu á radio.

Logo de coñecer a Orson Welles converteuse nunha das principais actrices do Mercury Theatre xunto con Joseph Cotten. Igual que outros membros do grupo debutou no cinema en Citizen Kane (1941). A mediados da década de 1940 foi contratada pola Metro-Goldwyn-Mayer, interpretando papeis secundarios mentres seguía en Broadway e na radio.

O seu primeiro traballo na televisión foi en 1959 na serie The Rebel. Porén, a súa personaxe máis lembrada neste medio foi a de Endora, a excéntrica nai da bruxa Samantha en Bewitched, que interpretou entre 1964 e 1972, polo que foi seis veces candidata aos premios Emmy.

Moorehead finou de cancro de útero en 1974.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme
1941 Citizen Kane
1942 The Magnificent Ambersons
The Big Street
1943 Journey into Fear
The Youngest Profession
Government Girl
1944 Jane Eyre
Since You Went Away
Dragon Seed
The Seventh Cross
Mrs. Parkington
Tomorrow, the World
1945 Keep Your Powder Dry
Our Vines Have Tender Grapes
Her Highness and the Bellboy
1947 Dark Passage
The Lost Moment
1948 Summer Holiday
The Woman in White
Station West
Johnny Belinda
1949 The Stratton Story
The Great Sinner
Without Honor
1950 Caged
Captain Blackjack
1951 Fourteen Hours
Adventures of Captain Fabian
Show Boat
The Blue Veil
1952 The Blazing Forest
1953 The Story of Three Loves
Scandal at Scourie
Main Street to Broadway
Those Redheads From Seattle
1954 Magnificent Obsession
1955 Untamed
All That Heaven Allows
The Left Hand of God
1956 The Conqueror
Meet Me in Las Vegas
The Swan
The Revolt of Mamie Stover
The Pardners
The Opposite Sex
1957 The True Story of Jesse James
Jeanne Eagels
Raintree County
The Story of Mankind
1958 The Tempest
1959 Night of the Quarter Moon
The Bat
1960 Pollyanna
1961 Twenty Plus Two
Bachelor in Paradise
1962 Jessica
How the West Was Won
1963 Who's Minding the Store?
1964 Hush… Hush, Sweet Charlotte
1966 The Singing Nun
1969 The Ballad of Andy Crocker
1971 What's the Matter with Helen?
1972 Drop Dead Delilah

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agnes Moorehead Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kear, Lynn (1992). Agnes Moorehead: a Bio-Bibliography. Westport, Connecticut: Greenwood Press. ISBN 0-313-28155-6.
  • Sherk, Warren (1976). Agnes Moorehead: A Very Private Person. Filadelfia: Dorrance. ISBN 0-8059-2317-9.
  • Tranberg, Charles (2005). I Love the Illusion: The Life And Career of Agnes Moorehead. Albany, Georgia: BearManor Media. ISBN 1-59393-029-1.
  • Benedetti, Quint (2010). (My Travels with) Agnes Moorehead-The Lavender Lady. Bloomington, Indiana: Xlibris. ISBN 978-1-4500-3408-1.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]