Ellen DeGeneres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ellen DeGeneres

Ellen Lee DeGeneres, nada o 26 de xaneiro de 1958, é unha actriz e unha cómica estadounidense que presenta o talk show The Ellen DeGeneres Show.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ellen Degeneres naceu no hospital Ochsner en Metairie, Louisiana, sendo filla de Ellios (asegurador) e Betty (axente inmobiliaria). Ten ascendencia francesa, inglesa, alemá e irlandesa.

Igual que o seu irmán Vance, Ellen foi bautizada seguindo o ritual da igraxa cientista, pero con trece anos, cando os seus pais se divorciaros decide abandonar tal culto. Tras a separación dos pais, abandona Nova Orleáns e marcha a Atlanta, en Georgia, onde viviu coa nai: foi en Atlanta, na Atlanta High School onde se diplomou no ano 1976. Pouco despois volvería a Nova Orleáns onde frecuentou a Universidade de Nova Orleáns, onde se licenciou en ciencias da comunicación.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Anne Heche e Ellen

A carreira de DeGeneres estivo a piques de naufragar tras saír do armario, debido á repercusión que tivo este feito, que lle costaría varios anos restablecerse exitosamente como presentadora. Algo parecido pasou coa súa parella daquel momento Anne Heche, que de súpeto deixou de recibir propostas de traballo como actriz. A súa relación converteuse rapidamente en obxectivo da prensa sensacionalista. Ellen declarou publicamente o seu lesbianismo no programa de Oprah Winfrey e na portada da revista Time. Tras varios anos na primeira liña de interese das cámaras e xornalistas, Heche rompeu a relación con DeGeneres e casaría máis tarde con Coley Laffon, un operador de cámara.

DeGeneres vive actualmente coa súa parella, a actriz Portia de Rossi (que participou nas series Arrested Development ou Ally McBeal, na cidade de Santa Bárbara (California).

Carreira[editar | editar a fonte]

Ellen DeGeneres comezou facendo monólogos en pequenos clubs ao longo de todos os Estados Unidos. A partir do éxito destes tours comezou a participar nalgúns shows televisivos. Tamén participou nalgunha sitcom da época como Open House (1989-1990) e Laurie Hill (1992). Ellen acadou a fama nacional e internacional coa serie Ellen (1994-1998). Posteriormente faría Ellen's Energy Adventure (1996) e a sitcom The Ellen Show (2001-2002). Nos último anos ven presentando o The Ellen Degeneres Show (2003-).

Presentadora dos Oscar[editar | editar a fonte]

Ellen Degeneres foi presentadora da 79ª edición dos Oscar celebrada en 2007. Durante a cerimonia dixo: "Que noite tan marabillosa, canta diversidade na sala, nun ano no que tantas cousas negativas se dixeron sobre a raza, relixión ou orientación sexual da xente. E quero sinalar isto: se non houberen negros, xudeus e gays, non habería Oscars, ou ninguén chamado Oscar" (en inglés "What a wonderful night, such diversity in the room, in a year when there's been so many negative things said about people's race, religion and sexual orientation. And I want to put this out there: if there weren't Blacks, Jews and gays, there would be no Oscars, or anyone named Oscar, when you think about that.").

Traballos[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

  • Women of the Night (1988)
  • Open House (1989-1990)
  • Laurie Hill (1992-1993)
  • Ellen (1994-1998)
  • Ellen DeGeneres: The Beginning (2000)
  • On the Edge (2001)
  • The Ellen Show (2001-2002)
  • Ellen DeGeneres: Here and Now (2003)
  • The Ellen DeGeneres Show (2003-presente)

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Arduous Moon (1990) (curtametraxe)
  • Wisecracks (1991) (documental)
  • Coneheads (1993)
  • Trevor (1994) (curtametraxe)
  • Universe’s Energy: Ellen's Energy Adventure (1996) (curtametraxe)
  • Mr. Wrong (1996)
  • Goodbye Lover (1998)
  • Dr. Dolittle (1998) (voz)
  • EdTV (1999)
  • The Love Letter (1999)
  • If These Walls Could Talk 2 (2000)
  • Pauly Shore Is Dead (2003)
  • Finding Nemo (2003) (voz)
  • My Short Film (2004) (corto)

Dobraxe[editar | editar a fonte]

Degeneres puxo voz á personaxe Dory, un peixe con problemas de memoria no famoso film "Buscando a Nemo" (2003) de Pixar.

Libros[editar | editar a fonte]

  • My Point...And I Do Have One (1995)
  • The Funny Thing Is... (2003)

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Ellen DeGeneres: Taste This
  • The Ellen DeGeneres Show: DVDlicious

Homenaxes[editar | editar a fonte]

  • ICONS: The Lesbian and Gay History of the World, Vol. 1 – A estrela do Comedy Central Jade Esteban Estrada interpreta DeGeneres na famosa comedia de 2002.