John Huston

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua de John Huston, Porto Vallarta, México.

John Huston, nado en Nevada (Misuri) o 5 de agosto de 1906 e finado o 28 de agosto de 1987, foi un director, guionista e actor de cinema norteamericano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un personaxe inquedo, xa que tamén foi boxeador, xornalista, novelista, militar, criador de cabalos, cazador, coleccionista de arte... De feito, na súa adolescencia chegou a ser un campión de boxeo e exerceu como agregado militar estadounidense no exército mexicano. Contraeu o seu primeiro matrimonio á temperá idade de 20 anos. Viviu como pintor na rúa en París durante unha tempada, traballou como actor e foi redactor nunha revista neoiorquina.

Comezou no cine como extra nalgunha película, como O home de palla, Santos do inferno ou The Storm. Grazas ao seu pai, que era actor, foi guionista de varias películas de William Wyler (A casa da discordia ou Jezabel) e traballou nunha cantidade impresionante de guións durante a década de 1930 e principios dos anos 1940 (O sarxento York, O dobre crime de rúa Morgue, O último refuxio, entre outras). A súa primeira película como director, da que tamén foi guionista, O falcón maltés, segue sendo considerada unha obra mestra da historia do cine, con Humphrey Bogart como protagonista. As súas seguintes películas importantes tamén estiveron protagonizadas por Bogart: O tesouro de Serra Madre e Cayo Largo.

A raíña de África, outra das súas obras mestras, rodada en 1951, demostrou ao seu equipo ata onde estaba disposto a chegar para rodar unha película, rodando na República do Congo, con mosquitos, calor e todo tipo de enfermidades. Errol Flynn e Trevor Howard tamén sufriron grandes penalidades durante a rodaxe de As raíces do ceo no Chad.

Con todo, a súa carreira tivo certa irregularidade, ao aceptar dirixir películas como A Biblia, producida por Dino de Laurentiis; Annie; Evasión ou vitoria, ou Casino Royale, película de James Bond que contou con cinco directores distintos.

A pesar diso, seguiu facendo grandes películas posteriormente, como Reflexos nun ollo dourado ou Baixo o volcán.

Tivo ocasión de dirixir ao seu propio pai, o oscarizado actor Walter Huston, en polo menos cinco longametraxes, e tamén dirixiu á súa filla, Anjelica Huston, en A honra dos Prizzi e en Dublineses, entre outras.

Faleceu en Middletown (Rhode Island) dun enfisema. Pódese afirmar que Huston é un dos grandes directores da historia recente do cine.

Filmografía como director[editar | editar a fonte]

Como guionista[editar | editar a fonte]

Como actor[editar | editar a fonte]

Non inclue filmes nos que tamén foi director