Steve Martin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Steve Martin en 2008

Stephen Glenn "Steve" Martin, nado o 14 de agosto de 1945 en Waco, é un humorista, actor, dramaturgo e guionista estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Martin medrou no sur de California, traballou de neno en Disneyland (1955-1958) e como humorista no parque de atraccións Knott's Berry Farm, comezou a facerse coñecido como guionista da Smothers Brothers Comedy Hour (1967-1969) polo que cos outros guionistas gañou un Emmy en 1969. A mediados da década de 1970 foi un convidade frecuente en The Tonight Show cun humor absurdo. Con Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band (1978) comezou a súa carreira como actor, salientando en Pennies from Heaven (1981), All of Me (1984), Roxanne (1987), Parenthood (1989), Father of the Bride (1991), Father of the Bride Part II (1995) ou Cheaper by the Dozen (2003). En 1993 estreou a súa primeira obra de teatro Picasso at the Lapin Agile. No ano 2000 publicou a novela curta Shopgirl, seguíndolle The Pleasure of My Company (2003) e o libro de memorias Born Standing Up (2007).