Nuku'alofa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nuku'alofa
Situación xeográfica
Tonga sm04.gif
Estado: Flag of Tonga.svg Tonga
Rexión: Grupo Amsterdam
Subrexión:
Illa: Tongatapu
Xeografía
Altitude: 0 msnm
Poboación
Poboación total: 24.500 hab. (2005)
Información
Código postal:
Alcalde:
Sitio na web:

Nuku'alofa é a capital, o porto máis importante e a maior cidade de Tonga, no Pacífico Sur. A súa poboación en 2005 era de 70.670 nabitantes, concentrando cerca de 2/3 da poboación total do país.

Índice

Xeografía [editar]

Está situada na costa da illa de Tongatapu. As súas coordenadas xeográficas son 21º 8' S e 175º 12'O. A cidade foi medrando arredor do outeiro de Veiongo (Sia ko Veionga), onde se sitúa o Pazo Real.

Historia [editar]

Nuku'alofa foi escollido como lugar para a súa residencia polo régulo Mumui arredor do ano 1795. Porén a capital naquela época era MuModelo:Okinaa, unha localidade sita na mesma illa, econtinuou a selo nos anos seguintes. Outro soberano Tupoumālohi ergueu aquí un forte a inicios do século XIX.

Durante a década de 1960 Nuku'alofa comezou a crecer con rapidez e aínda está a medrar, en parte debido a que vai absorbendo as vellas aldeas próximas, como Tofoa.

Boa parte do barrio dos negocios da cidade foi destruído durante os disturbios do ano 2006.

Goberno [editar]

Os oficiais da cidade e dos distritos carecen de autonomía administrativa e limítanse a cumprir as ordes emanadas do Goberno do país, o mesmo que sucede noutras institucións como a policía, bombeiros, hospitais e outros servicios.

Transportes [editar]

Nuku'alofa é o centro medular dos servizos de comunicacións na illa, que consiste en liñas de autobuses (públicos e propios, neste caso para uso de escolas ou hoteis, p.ex.) e taxis privados. Abundan os automóbiles privados que tamén emprestan servizos como taxis.

Nuku'alofa posúe o único porto practicábel da illa (foi unha das razóns para facela a capital). Durante moitos anos o porto internacional estivo sito en Vuna, pero acabou destruído por un terremoto, de xeito que foi construído outro en Ma'ufanga. Entre ambos lugares está situado o porto pesqueiro e o peirao para os ferris que comunican con outras illas do país. Hai dúas embarcacións que parten decote para 'Eua e cada dous días para Ha'apai e Vava'u cada semana. Para outras illas como Nomuka ou 'Eueiki hai travesías irregulares a cargo de embarcacións privadas.

O Aeroporto Internacional de Fuaʻamotu, sito no sur da illa de Tongatapu, a 35 km de Nuku'alofa, cobre os servizos aéreos.

Mercado Talamahu, para negocios, en Nuku'alofa
Pazo Real de Tonga
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: