Miguel Maura
| Miguel Maura Gamazo | |
|
|
|
|---|---|
| 14 de abril de 1931 – 14 de outubro de 1931 | |
| Presidente | Niceto Alcalá-Zamora y Torres |
| Precedido por | José María de Hoyos y Vinent |
| Sucedido por | Santiago Casares Quiroga |
|
|
|
| 18 de abril de 1916 – 2 de outubro de 1920 | |
|
|
|
| 4 de agosto de 1931 – 7 de xaneiro de 1936 | |
|
|
|
| 10 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939 | |
|
Datos persoais
|
|
| Nacemento | 13 de decembro de 1887 Madrid |
| Falecemento | 3 de xuño de 1971 (83 anos) Zaragoza |
| Partido | Partido Liberal-Conservador Dereita Liberal Republicana Partido Republicano Conservador |
| Pais | España |
| Relixión | Católico |
Miguel Maura Gamazo, nado en Madrid o 13 de decembro de 1887 e finado en Zaragoza en 1971, foi un político español.
Traxectoria[editar]
Miguel Maura, que era fillo do político monárquico Antonio Maura foi elixido deputado en 1916. Partidario primeiro e logo detractor da ditadura de Primo de Rivera evolucionou desde posicións monárquicas cara un republicanismo sempre moderado.
Pertenceu, xunto a Niceto Alcalá-Zamora á Derecha Liberal Republicana, un dos partidos republicanos asinantes do Pacto de San Sebastián, que máis adiante se transformaría en Partido Republicano Conservador. Foi un dos máis distinguidos políticos dos inicios da II República Española, na que chegou a ser Ministro da Gobernación durante o Goberno Provisional (abril-outubro 1931), producíndose durante o seu mandato os episodios da "queima dos conventos". Ao formarse en outubro de 1931 o novo goberno, presidido por Manuel Azaña, Maura xa non figurou nel.
Na primavera de 1936 alcanzaron forte eco, aínda que ningunha consecuencia práctica, os seus artigos xornalísticos reclamando a instauración dunha "ditadura republicana" como medida para saír da caótica situación político-social reinante desde a chegada ao poder da Fronte Popular.
Ao iniciarse a Guerra Civil atopábase de veraneo en La Granja. O Presidente da República, Manuel Azaña, ofreceulle a Presidencia dun Goberno "de unión nacional" para enfrontarse coa sublevación, oferta que Maura rexeitou (e que Azaña pasou a presentar a Martínez Barrio, quen aceptou).
De novo en Madrid e sabedor de que as milicias anarquistas buscábano para executalo, pediu axuda a Indalecio Prieto quen lle procurou un avión militar co que se trasladou a Toulouse (Francia), conseguindo así salvar a vida, a diferenza do seu irmán Honorio Maura, executado polas milicias anarquistas e comunistas no forte de Guadalupe en Irún no verán de 1936. Miguel Maura regresou a España en 1953 e alí permaneceu ata a súa morte en 1971.
Obra[editar]
- Maura Gamazo, Miguel (2007), Así cayó Alfonso XIII: de una dictadura a otra, Marcial Pons. ISBN 978-84-96467-44-6.