Manuel García Prieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel García Prieto
Presidente do Consello de Ministros
Período12 de novembro de 1912 - 14 de novembro de 1912
AntecesorJosé Canalejas
SucesorÁlvaro de Figueroa Torres-Mendieta
Presidente do Consello de Ministros
Período19 de abril de 1917 - 11 de xuño de 1917
AntecesorÁlvaro de Figueroa Torres-Mendieta
SucesorEduardo Dato Iradier
Presidente do Consello de Ministros
Período3 de novembro de 1917 - 22 de maio de 1918
AntecesorEduardo Dato Iradier
SucesorAntonio Maura Montaner
Presidente do Consello de Ministros
Período9 de novembro de 1918 - 5 de decembro de 1918
AntecesorAntonio Maura Montaner
SucesorÁlvaro de Figueroa Torres-Mendieta
Presidente do Consello de Ministros
Período7 de decembro de 1922 - 15 de setembro de 1923
AntecesorJosé Sánchez Guerra
SucesorMiguel Primo de Rivera
Datos persoais
Nacemento5 de novembro de 1859
 Astorga, León
Falecemento8 de marzo de 1938
 Donostia
OrganizaciónPartido Liberal Fusionista
Alma máterInstituto San Isidro
Profesiónavogado e político
Relixióncatolicismo
editar datos en Wikidata ]

Manuel García Prieto, nado en Astorga (provincia de León) en 1859 e finado en Donostia o 8 de marzo de 1938,[1] foi un político español. Ocupou o cargo de Presidente do Goberno de España en 1912, 1917 (dúas veces), 1918 e 1922. Como membro da familia sanguínea e política de Eugenio Montero Ríos desempeñou un papel de primeira orde na política galega e española das dúas primeiras décadas do século XX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rematados os estudos de Dereito, foi fiscal municipal do Xulgado de Madrid e ingresou no Corpo Xurídico Militar, aínda que permaneceu nel pouco tempo. Formouse no bufete de Montero Ríos, de quen foi xenro. Nas filas do Partido Liberal foi elixido deputado por Astorga en 1887, e despois da man de seu sogro por Santiago de Compostela en 1893. Sería deputado por este distrito durante vinte anos ata que finalmente pasou ó Senado.

En 1897 foi nomeado director xeral do contencioso do Estado e máis tarde subsecretario de Ultramar. En 1905 foi ministro de Gobernación no goberno de Montero Ríos e, ese mesmo ano, de Graza e Xustiza con Segismundo Moret. Deste último ministerio dimitiu ó considerar submisa a postura de Moret en relación co estamento militar.

En 1906 ocupou a carteira de Fomento baixo o goberno do xeneral José López Domínguez e en 1910, a de Estado baixo a presidencia de Canalejas. No desempeño deste cargo conseguiu un éxito notable en política internacional asinando un tratado hispano-marroquí en 1911, negociando con Francia sobre Marrocos en 1912 e logrando que as repúblicas hispanoamericanas tivesen representación no Tribunal Internacional de Xustiza da Haia. Polas súas xestións na preparación do tratado que permitiu a creación do protectorado de Marrocos foi nomeado marqués de Alhucemas.

Cando o 12 de novembro de 1912 asasinaron a Canalejas, García Prieto ocuparía durante dous días a presidencia do Consello de Ministros. Ó se escindir o Partido Liberal en 1913, converteríase no líder do Partido Liberal Democrático,[2] a facción política herdeira de Sagasta que se opoñía a do Conde de Romanones.

Caricatura da revista Gedeón (18-01-1912), feita por Moya.

Foi designado presidente do Senado en 1914 e en 1917, como consecuencia da crise producida polas Xuntas de Defensa, formou un goberno do que moi en breve se vería obrigado a dimitir. En xullo de 1917 acadou o liderado do Partido Liberal, e en novembro presidiu o primeiro goberno de concentración da monarquía afonsina tras desencadearse a crise de outubro no goberno de Eduardo Dato. En maio de 1918 unha nova crise conduciría a Antonio Maura ó poder desempeñando García Prieto a carteira de Gobernación.

O 9 de novembro dese mesmo ano formou goberno de novo ata decembro, cando o Proxecto da Mancomunidade fixo caer o gabinete. Tras o desastre de Annual, aínda dirixiu en 1922 o último goberno constitucional da monarquía. Tentou sen éxito deter o golpe de Primo de Rivera do 13 de setembro de 1923 pero viuse obrigado a dimitir.

Durante a ditadura, estivo apartado da política, mantendo unha morna oposición ó réxime. Retornaría para formar parte do derradeiro goberno da monarquía de Afonso XIII e ocupar a carteira de Xustiza e Culto, baixo a presidencia de Juan Bautista Aznar-Cabañas.

Na rede clientelar creada por Montero Ríos, García Prieto constitúe non só unha peza fundamental senón que, ademais, foi capaz de establecer unha segunda rede en íntima conexión coa do seu sogro. Ó tempo que asumiu o caciquismo e o poder herdados do político de Lourizán, García Prieto gozou de certo prestixio en medios agrarios galegos pola súa posición redencionista no problema dos foros. Aínda que na súa política sempre tivo en conta o movemento agrario, o seu prestixio entre os agraristas iría a menos a medida que o movemento se foi radicalizando.

Após a proclamación da Segunda República retirouse da vida pública. Faleceu en Donostia o 8 de marzo de 1938.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Na web do Congreso dos Deputados aparece como data da morte o 15 de setembro.
  2. Pascual (1999), p. 113.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pascual, Pedro (1999). El compromiso intelectual del político: ministros escritores en la Restauración canovista. Madrid: Editorial de la Torre. ISBN 84-7960-247-3. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
José Canalejas

Presidente do Consello de Ministros de España

1912 - 1912
Sucesor:
Álvaro de Figueroa Torres-Mendieta
Predecesor:
Álvaro de Figueroa Torres-Mendieta

Presidente do Consello de Ministros de España

1917 - 1917
Sucesor:
Eduardo Dato Iradier
Predecesor:
Eduardo Dato Iradier

Presidente do Consello de Ministros de España

1917 - 1918
Sucesor:
Antonio Maura Montaner
Predecesor:
Antonio Maura Montaner

Presidente do Consello de Ministros de España

1918 - 1918
Sucesor:
Álvaro de Figueroa Torres-Mendieta
Predecesor:
José Sánchez Guerra

Presidente do Consello de Ministros de España

1922 - 1923
Sucesor:
Miguel Primo de Rivera