Mytilidae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os mitílidos (Mytilidae), coñecidos comunmente como mexillóns son unha familia de moluscos bivalvos de gran interese económico e gastronómico. Como outros bivalvos, son animais filtradores que viven fixados ao substrato. Son exclusivamente mariños e viven tanto en zonas intermareais como zonas somerxidas das costas de todo o mundo.

Así como son recolectados e consumidos polos humanos, os mexillóns mariños son atacados e consumidos por estrelas de mar e por numerosas especies de gasterópodos predadores da familia Muricidae, como Nucella lapillus

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mytilidae
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mytilidae Modificar a ligazón no Wikidata