Mitílidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A dos mitílidos (Mytilidae) é unha familia de moluscos bivalvos mariños da subclase dos pteriomorfios, orde dos mitílidos, e superfamilia dos mitiloideos (Mytiloidea).[1]

Cómpre dicir que tanto a orde, como a familia e a subfamilia, son hoxe en día taxóns monotípicos e que, polo tanto, as únicas especies viventes da orde dos Mytilida son as numerosas que comprende esta familia, que son vulgarmente coñecidas como mexillóns.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1815 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque, na súa obra Analyse de la nature ou Tableau de l'univers et des corps organisés. Palerme: L'Imprimerie de Jean Barravecchia.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico da familia, Mytilidade, está formado sobre a base do seu xénero tipo, Mytilus, coa adición do sufixo do latín científico -idae.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Mexillóns (Mytilus galloprovincialis) e arneiróns (Semibalanus balanoides)
na costa de Camariñas.
Mexillóns cocidos.
Cunchas de Perna viridis (Linnaeus, 1758), mexillón de Filipinas.
"Leito" de Mytilus califonianius, especie comestíbel.
Cunchas de Arcuatula arcuatula (Hanley, 1843).
Cuncha de Mytella guyanensis.

Segundo o WoRMS a familia subdivídese en nove subfamilias, cos xéneros que se indican:[1]

Características[editar | editar a fonte]

Os mexillóns caracterízanse, como todos os lamelibranquios, por:

  • Teren unha cuncha bivalva ( é dicir, constituída por dúas valvas) que permite a protección das partes brandas.
  • Unha característica común das cunchas dos mexillóns é que son asimétricas, e teñen un perióstraco groso e adherente.
  • O seu manto está moi desenvolvido (formado pola epiderme e a derme) e está constituído por dúas capas paleais que envolven todo o corpo.
  • Unha cavidade paleal delimitada polo manto.
  • Dous músculos adutores que permiten o peche das valvas (o músculo adutor posterior está máis desdenvolvido que o músculo adutor anterior).
  • Branquias que se bañan na cavidade paleal, en forma de láminas (de aí o nome de lamelibranquios).
  • Un biso (paquete de filamentos de proteínas) para unírense a un substrato sólido, producido por unha glándula bisoxénica situada baixo o .
  • A regresión dos órganos sensoriais na rexión anterior, polo que non hai unha cabeza claramente diferenciada: os mexillóns son acéfalos.

Distribución é hábitat[editar | editar a fonte]

As especies desta familia encóntranse en todo o mundo, pero son máis abundantes nos mares máis fríos, onde adoito forman leitos ininterrompidos en costas rochosas na zona intermareal e na submareal pouco profunda. As especies da subfamilia dos Bathymodiolinae viven en hábitats de augas profundas.

Importacia económica[editar | editar a fonte]

Entre os mitilidos están os coñecidos mexillóns comestíbeis.

Algunhas das súas especies explótanse comercialmente dado o seu valor económico, xa que son unha imporatantísima fonte de proteínas para a alimentación humana, e son moi aprezados gastronomicamente; por iso son recolectadas e, sobre todo, cultivadas en mitilicultura (en Galicia, unha potencia mundial, nas coñecidas bateas das rías).

As tres principais especies explotadas son:

Mytilus galloprovincialisse probabelmente é a especie máis explotada. Cultívase principalmente nas augas costeiras de Galicia, e chega até as ribeiras do norte do mar Mediterráneo. Porén, tamén está documentada a súa produción nalgúns países mediterráneos do sur, na Federación Rusa, en Ucraína e en Suráfrica.[3]

Notas taxonómicas sobre estas especies[editar | editar a fonte]

Durante moitos anos considerouse a especie Mytilus galloprovincialis como conespecífica con Mytilus edulis. Hai pequenas diferenzas entre elas na forma da cuncha e na cor do bordo do manto; e aínda hoxe para algúns autores a súa separación en dúas especies distintas non está debidamente xustificada, dado que en zonas onde conviven xuntas ambas as especies prodúcense hibridacións.[4]

De xeito parecido, outros consideran a especie Mytilus platensis como a subespecie Mytilus edulis platensis de M. edulis.[1]

Explotación dos mexillóns: desde a remota antigüidade[editar | editar a fonte]

A evidencia máis temperá do consumo de mexillóns en Galicia foi datada no século IV a.C., como evidencian os concheiros,[5] grandes depósitos de cunchas de moluscos bivalvos incluíndo mexillóns en localidades costeiras, que subministran importantes datos arqueolóxicos, e que se encontraron, xa na época romana, até o século I, como no castro de Baroña.[3]

Sábese tamén que, no século XVI, portugueses viaxaban até Cambados, na ría de Arousa, para recolectaren mexillóns, ameixas e berberechos.[6]

Por outra banda, está documentado que, en California, os indios que vivían nas rexións costeiras consumían mexillóns (da especie Mytilus californianus) desde hai case 12 000 anos.[7]

O cultivo do mexillón en Galicia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Miticultura.
Batea mexilloeira na Ría de Vigo.

Os mexillóns fixéronse importantes en España cando comezou a cultivarse ao comezo do século XX. Os primeiros cultivos realizáronse nas provincias de Tarragona e Barcelona en 1901 e 1909, respectivamente, usando postes de madeira chantados no fondo do mar, similares aos usados en Francia. Despois dos primeiros ensaios, este sistema foi abandonado e comezou o uso de estruturas flotantes: as bateas. Nese tiempo, as poboacións naturais de mexillóns nas rías galegas usábanse principalmente como fertilizante en agricultura e, a escala limitada, como alimento.
En 1946 introduciuse o cultivo do mexillón en bateas en Galicia e, ao cabo de poucos anos, a produción aumentou considerabelmente. As primeiras bateas consistían en estruturas cadradas de madeira sustentadas por un flotador central; tamén se usaban antigos barcos pesqueiros restaurados e adaptados, que sostiñan estruturas de madeira das que os cultivadores (mitilicultores) colgaban cordas de esparto (Stipa tenacissima); nas cordas fixaban a semente do mexillón (chamada mexilla) e, cando os mexillóns alcanzaban o tamaño comercial, recolectábanos a man ou cunha roda especial. Máis adiante, os antigos barcos foron substituídos por estruturas de madeira cadradas ou rectangulares que soportaban pequenas casetas. A flotación lográbase con flotadores de madeira envolvidos en redes de arame e revestidos con cemento. Hoxe en día, quedan unhas poucas bateas antigas, e a maioría das novas constrúense con marcos de madeira de eucalipto.[3]

Produción mundial de mexillóns[editar | editar a fonte]

A produción mundial de mexillóns superou en 2018 os 2,2 millóns de toneladas métricas, e o seu valor unitario situouse en 2,2 dólares o quilo de peso vivo, grazas a unha demanda forte. Esta cantidade duplica a producida hai unha década, destacando como máximos produtores a China, España, Chile, Tailandia e Nova Zelandia.[8] Por tanto, os principais países produtores de mexillóns cultivados (ademais de España, fundamentalmente en Galicia), son a China (máis de 663 000 t en 2002), principalmente Mytilus galloprovincialis, con pequenas cantidades de M. coruscus, Musculus senhouse e Perna viridis) e Chile.[3]

Galicia, potencia mundial en mitilucultura[editar | editar a fonte]

Que Galicia é unha potencia mundial en produción de mexillón é algo que está fóra de toda dúbida. Compite directamente coa China e Chile, pero sobre todo se consolida ano tras ano como a gran referencia española e europea grazas á produción das súas bateas. Así o confirman os últimos datos dados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, dos que se desprende que Galicia xerou no último lustro 1,2 millóns de toneladas, coas que o sector xerou 516.716.498 euros. Isto supón o 97 % do volume total de mexillón obtido en España desde 2013 e o 94 % dos ingresos xerados en primeira venda por este molusco no territorio nacional neste mesmo período.[9]

Enfermidades e ameazas dos mexillóns cultivados[editar | editar a fonte]

Enfermidades[editar | editar a fonte]

  • Marteiliase, marteiliose ou enfermidade de Aber. Producida por Marteilia maurini e M. refringens (protozoos). Ocasiona perda de pigmentación dos tecidos viscerais, que se fan amarelos pálidos; o manto algunhas veces faise translúcido; o crecemento da concha pode cesar, e a carne aparece contraída e viscosa. Non hai tratamento dispoñíbel, polo que hai que evitar a transferencia de individuos a outras zonas non infectadas.
  • Enfermidade do 'verme vermello'. Ocasionada por Mytilicola intestinalis (un copépodo). Trátase dun organismo comensal, que se pensaba que no afectaba aos mexillóns. Non hai tratamento.

Ninguna destas enfermidades causa danos serios ao cultivo de Mytilus galloprovincialis.[3]

Ameazas[editar | editar a fonte]

As especies asociadas que se encontran nos bancos naturais de mexillóns son aquelas que viven nas zonas intermareais rochosas, tales como cirrípedes (Balanus sp.) e algas (Enteromorpha sp). Os depredadores dos mexillóns son, entre outros, cangrexos, como Carcinus maenas, estrelas de mar, como Asterias rubens e algunha aves mariñas. As especies asociadas que atacan os mexillóns cultvados fano por medio de larvas planctónicas ou que se arrastran lentamente e corresponden a crustáceos tales como o decápodo Pisidia longicornis, anfípodos (Phtisica marina e Eurystheus maculates), ascidias (Ascidiella aspersa e Ciona intestinalis) e especies incrustantes tales como balánidos e vermes poliquetos (Elminius modestus e Pomatoceros sp.). Estes organismos compiten entre eles polo espazo e o alimento, e algúns poden invadir as cunchas dos mexillóns. O dano producido por cangrexos e estrelas de mar é leve, pero ocasionalmente A. rubens e Nucella lapillus, un gasterópodo, encóntranse sobre as cordas. Ademais, algúns peixes, tales como os espáridos Diplodus sargus e Sparus aurata, ocasionalmente danan os mexillóns adultos rompéndolles as cunchas, ademais de comeren tamén sementes de mexillóns.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Mytilidae Rafinesque, 1815 no WoRMS.
  2. mexillón no Dicionario da RAG.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Programa de información de especies acuáticas. Mytilus galloprovincialis (Lamark, 1819). FAO: Departamento de Pesca y Acuicultura.
  4. Emilio Rolán e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia.Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1, p. 200.
  5. concheiro, concheira, 3ª acep., no Dicionario da RAG.
  6. Ferreira, E. P. 1988.
  7. Erlandson, Jon M.; T. C. Rick; T. J. Braje; A. Steinberg & R. L. Vellanoweth (2008): "Human Impacts on Ancient Shellfish: A 10,000 Year Record from San Miguel Island, California". Journal of Archaeological Science 35: 2144-2152.
  8. " GLOBEFISH. Food and Agriculture Organization of the United Nations". www.fao.org. Consultado o 2021-01-28. 
  9. Manuel Méndez (12 de xuño de 2018). "El mejillón cultivado en Galicia genera más de 516 millones de euros en el último lustro". Faro de Vigo. Consultado o 4 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Andreu, B. (1958): "Sobre el cultivo del mejillon en Galicia: Biología, crecimiento y producción". Industrias Pesqueras 745-7: 44-47.
  • Bieler, R., Carter J. G. & Coan E .V. (2010): "Classification of Bivalve families". En: Bouchet P. & Rocroi J.-P. (2010): "Nomenclator of Bivalve Families". Malacologia 52 (2): 1-184.
  • Bieler, R.; Mikkelsen, P. M.; Collins, T. M.; Glover, E. A.; González, V. L.; Graf, D. L.; Harper, E. M.; Healy, J.; Kawauchi, G. Y.; Sharma, P. P.; Staubach, S.; Strong, E. E.; Taylor, J. D.; Tëmkin, I.; Zardus, J. D.; Clark, S.; Guzmán, A.; McIntyre, E.; Sharp, P. & Giribet, G. (2014): "Investigating the Bivalve Tree of Life – an exemplar-based approach combining molecular and novel morphological characters". Invertebrate Systematics '28 (1): 32-115.
  • Cáceres-Martínez, J. & Figueras, A. (1997): "The mussel, oyster, cockle, clam and pectinid fisheries in Spain". NOAA/NMFS, Washington DC, USA: NOAA Technical Report NMFS 129: 165-190.
  • Ferreira, E. P. (1988): Galicia en el comercio marítimo medieval (Tese de doutoramento. USC). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. Colección de Documentos Históricos. ISBN 978-84-8572-871-8.
  • Figueras, A. (1976): Desarrollo actual del cultivo del mejillón (Mytilus edulis L.) y posibilidades de expansión. FAO, Roma, Italia: FAO Technical Conference on Aquaculture.
  • Figueras, A. (1989): "Mussel Culture in Spain and France". World Aquaculture 20 (4): 8-17.
  • Figueras, A.; Jardón, C. F. & Caldas, J. R. (1991): "Diseases and parasites of rafted mussels (Mytilus galloprovincialis); preliminary results". Aquaculture 99: 17-33.
  • Gosling, E. M. (2003): Bivalve Molluscs. Biology, Ecology and Culture PDF. Oxford, UK: EnglandFishing News Books (Blackwell Publishing). ISBN 0-8523-8234-0.
  • Lutz, R.; Chalermwat, K.; Figueras, A. J.; Gustafson, R. G. & Newell, C. (1991): "Mussel aquaculture in marine and estuarine environments throughout the world". En W. Menzel (ed), Estuarine and marine bivalve mollusk culture. Boca Raton, Florida, USA. CRC Press, pp. 57–97.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]