David II de Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

David II nado en 1324 e finado 1371. Foi rei de Escocia entre 1329 e 1371.

David II de Escocia

Traxectoria[editar | editar a fonte]

David foi fillo de Roberto I e a súa segunda esposa, Isabel de Burgh. Accedeu ao trono no 1329 sendo menor de idade.

Derrotas[editar | editar a fonte]

Pese ao tratado con Inglaterra de 1328, Escocia foi invadida por Eduardo III e David tivo que exiliarse trala derrota na batalla da Colina Halidon en xullo de 1333. A loita contra os ingleses quedou baixo o mando do sobriño de David, Roberto Estuardo. O rei inglés impuxo no trono a Eduardo de Balliol (fillo de Xoán de Balliol), co nome de Eduardo I. Máis tarde David recuperou o trono.

David II foi derrotado novamente por Eduardo III en 1346, e permaneceu prisioneiro en Inglaterra ata 1357. Nese período, Escocia volveu a quedar baixo a rexencia de Roberto Estuardo.

Matrimonios[editar | editar a fonte]

Casouse en 1328 con Xoana da Torre, irmá de Eduardo III, coa que non tivo descendentes. En 1364 casouse con Margarida Drummond, tamén sen sucesión.

Por esta razón, ao morrer, proclamouse herdeiro ó seu sobriño Roberto Estuardo, dando así comezo á dinastía dos Estuardo.

Predecesor:
Roberto I
Royal coat of arms of Scotland.svg
Rey de Escocia

1329 - 1371
Sucesor:
Roberto II