Eduardo VI de Inglaterra
| Eduardo VI de Inglaterra | |
|---|---|
| Rei de Inglaterra e Irlanda | |
Eduardo VI de Inglaterra |
|
| Reinado | 28 de xaneiro de 1547 - 6 de xullo de 1553 |
| Coroación | 20 de febreiro de 1547 |
| Nacemento | 12 de outubro de 1537 Hampton Court |
| Falecemento | 6 de xullo de 1553 Palacio de Placentia |
| Sepultura | Abadía de Westminster |
| Predecesor | Henrique VIII |
| Rexente |
|
| Sucesor | Lady Xoana Grey |
| Casa Real | Casa de Tudor |
| Pai | Henrique VIII de Inglaterra |
| Nai | Xoana Seymour |
|
|
|
| Dieu et mon droit[1] | |
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Eduardo VI de Inglaterra (1537-1553) foi Rei de Inglaterra e de Irlanda desde o 28 de xaneiro de 1547 ata o día da súa morte.
Eduardo, o terceiro monarca da dinastía Tudor, foi o primeiro gobernante inglés protestante, aínda que foi o seu pai Henrique VIII o que rompeu as relacións entre a Igrexa de Inglaterra e a Igrexa Católica Romana.
Foi durante o reinado de Eduardo cando a Igrexa de Inglaterra iniciou o seu proceso de transformación cara a unha forma moderada de Protestantismo que se coñecería en diante como Anglicanismo.
[editar] Primeiros anos
Eduardo naceu en Hampton Court, o 12 de outubro de 1537, sendo o único fillo home sobrevivente do rei Henrique VIII de Inglaterra e da súa terceira esposa, Xoana Seymour, a cal morreu doce días logo de dar a luz por mor de febres puerperales, o 24 de outubro de 1537. O 25 de febreiro de 1547 foi nomeado duque de Cornualles; con todo, nunca foi nomeado príncipe de Gales.
Henrique VIII estivo encantado co nacemento dun fillo home xa que previamente tivera dúas esposas, Catalina de Aragón e Ana Bolena, ás que rexeitou por ser incapaces de darlle un fillo home. Ambos os matrimonios foron anulados; Ana Bolena foi, ademais, executada. As fillas destes matrimonios -María, filla de Catalina e Isabel, filla de Ana- foron declaradas ilexítimas, aínda que a última esposa de Enrique VIII conseguiu que se reconciliase con estas e as incluíse na liña sucesoria, logo de Eduardo.
Eduardo foi un neno extremadamente enfermizo. Crese que sufría dunha forma conxénita de sífilis ou de tuberculose. A súa fraxilidade fixo que Enrique VIII se volvera casar; fíxoo tres veces máis pero non tivo ningún fillo.
As dificultades físicas do príncipe non impediron que recibise unha boa educación. Eduardo era un neno brillante, capaz de falar latín aos sete anos. Aprendeu alemán e grego; aos trece anos traducía libros neste último idioma. Eduardo e a súa sobriña segunda Xoana Grey estiveron profundamente unidos.
[editar] Inicio do reinado
Henrique VIII morreu o 28 de xaneiro de 1547 deixando nomeados a 16 titores, que actuarian como un consello de rexencia ata que Eduardo alcanzara a idade de 18 anos. Ademais estes titores eran auxiliados por 12 asistentes. Estes titores eran todos inclinados á Reforma relixiosa. O Consello inmediatamente apuntou o tío materno de Eduardo, Eduardo Seymour (o Conde de Hertford) como Lord Protector (ou Lord Protector of the Realm and Governor of the King's Person) durante a menoria de idade de Eduardo. Pouco antes da morte de Henrique VIII, Seymour fora nombrado como Duque de Somerset.
Eduardo foi coroado en 20 de febreiro de 1547 na Abadía de Westminster. O día 13 de marzo do mesmo ano, Eduardo VI creou un novo Consello con 26 membros, conservando todos os titores e asistentes anteriores con excepción de Thomas Wriothesley, Primeiro Conde de Southampton (que quedou como Lord Chanceler) e Edward Seymour, Primeiro Duque de Somerset (que quedou como Lord Protector). O Duque de Somerset deixou de ser considerado “un entre iguais“; pola contra, permitíuselle actuar sen o consentimento do consello convertendose na persoa que realmente rexía (de feito) os destinos de Inglaterra; mentres que a Eduardo déuselle un papel meramente cerimonial.
[editar] Notas