Roberto III de Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Roberto III nado en 1340 e finado o 4 de abril de 1406. Rei de Escocia entre 1390 e 1406.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Roberto III de Escocia e a súa esposa Anabella Drummond.

Foi o primoxénito do rei Roberto II de Escocia e Elizabeth Mure.

No 1368 o rei David II de Escocia, nomeouno duque de Carrick e comezou a formar parte do goberno do reino a partir de 1387, cando unha patada de cabalo incapacitouno. Probablemente a consecuencia deste accidente o seu irmán Roberto Estuardo, conde de Fífe, e non el, o Príncipe herdeiro, fíxose garda do reino no1389; pero só subiu ao trono trala morte do seu pai en maio de 1390.

Rei de Escocia[editar | editar a fonte]

Cambiou o seu nome de pila, Xoán, impopular naquel tempo por recordar a Xoán de Balliol, polo de Roberto. Foi coroado en agosto de 1390 como Rei Roberto III de Escocia. Aínda que probablemente asistira a varios parlamentos, o novo rei foi so visto nominalmente como o xefe de Escocia, posto que o verdadeiro poder encontrábase en mans do seu irmán Roberto.

Foi sucedido polo seu fillo Xacobe.

Matrimonio[editar | editar a fonte]

En 1367, Roberto III de Escocia casou con Anabella Drummond, filla de Sir John Drummond de Stobhall e de María Montifex. Desta unión naceron:

Predecesor:
Roberto II
Royal coat of arms of Scotland.svg
Rey de Escocia

1390 - 1406
Sucesor:
Xacobe I