David I de Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David I de Escocia
Nacemento1084
Lugar de nacementoEscocia
Falecemento24 de maio de 1153
Lugar de falecementoCarlisle
SoterradoAbadia de Dunfermline
Ocupaciónmonarca
PaiMalcolm III de Escocia
NaiSanta Margarida da Escócia
CónxuxeMaud de Northumbria
FillosHenrique de Escocia, Claricia of Scotland, Hodierna of Scotland e Malcolm of Scotland
IrmánsEdite da Escócia, Mary of Scotland, Countess of Boulogne, Edgar de Escocia, Duncan II de Escocia, Etelredo da Escócia, Alexandre I de Escocia e Edmundo da Escócia
Na rede
WikiTree: Dunkeld-68
editar datos en Wikidata ]
David I de Escocia

David I (Gaélico medieval: Dabíd mac Maíl Choluim; gaélico moderno: Daibhidh I mac Mhaoil Chaluim), nado en 1083 ou 1085 e finado o 24 de maio de 1153, foi rei de Escocia entre 1124 e1153.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

David era o fillo máis novo de Malcolm III (Máel Coluim mac Donnchada) e Margarida de Wessex, pasou a súa infancia en Escocia pero en 1093 tivo que se exiliar en Inglaterra logo da morte de seu pai e o ascenso ao trono do seu tío Donald III , estivo na corte do rei Henrique I de Inglaterra e quedou fortemente influenciado pola cultura anglonormanda. En 1113 casou con Maud de Northumbria, filla de Waltheof de Northumbria, conde saxón de Northumbria executado en 1076, e viúva de Simón I de Saint Lyz († 1111) conde de Northampton e de Huntingdon. Polo que David se converte en conde de Northampton e de Huntingdon polos dereitos da súa dona.

Cando o seu irmán e rei de Escocia, Alexandre I morreu en 1124, David ascendeu ao trono. En 1130 o seu exército fixo fronte a invasión de 5000 homes que o rei Óengus de Moray levantara contra David. En 1135 despois da morte do rei Henrique I de Inglaterra na guerra civil que seguiu tomou partido pola súa sobriña Matilde de Inglaterra contra Estevo de Inglaterra. En xaneiro de 1136 David cruzou a fronteira con Inglaterra conquistando Carlisle, Wark Tynedale, Alnwick, Norham e Newcastle en Durham atopouse cunha tropa importante de Estevo, no acordo ao que se chegou David conseguiu reter Carlisle (cunha gran parte de Cumberlandia). En 1138 volveu a invadir Inglaterra pero as tropas de Estevo vencérono na batalla do Estandarte (22 de agosto) aínda así David mantiña gran número de homes en Inglaterra, o cal levou á sinatura do segundo tratado de Durham polo que Estevo recoñecía ao fillo de David, Henrique de Escocia como conde de Northumbria

O seu reinado coñecido co nome de Revolucion Davidiana por algúns historiadores para mellor describir os cambios que tiveron lugar no Reino de Escocia durante o seu reinado: fundación de burgos, introdución dos ideais da reforma gregoriana, fundación de mosteiros, normandización do goberno escocés e a introdución do feudalismo a través de cabaleiros franceses e anglonormandos.