Malcolm IV de Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Malcolm IV

Malcolm IV (gaélico escocés medieval: Máel Coluim mac Eanric; gaélico escocés moderno: Maol Chaluim mac Eanraig) (23 de abril ou 24 de maio de 1141 - 9 de decembro de 1165), foi rei de Escocia (1153-1165).

Malcolm era o fillo máis vello de Henrique de Escocia e de Ada de Warenne. Logo da morte prematura de seu pai o 12 de xuño de 1152 converteuse no herdeiro ao trono escocés sucedendo ao seu avó, David I de Escocia o 24 de maio de 1153.

En 1157 perdeu o condado de Northumbria que pasou a Henrique II de Inglaterra, este en compensación deulle o de Huntingdon que xa pertencera ao seu pai. Acompañou a Henrique nunha campaña contra o conde de Tolosa (1159). En Escocia o seu corto reinado caracterizouse polas loitas contra os rebeldes do oeste, en 1160 de Fergus de Galloway e en 1164 Somerled nas Hébridas.

Malcolm quen sempre tivo mala saúde morreu aos 24 anos no castelo de Jedburg e foi soterrado na abadía de Dunfermline.