Donald I de Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Domnall mac Ailpín
Rei dos pictos
Reinado 858862
Nacemento 812
Illa de Iona
Falecemento 13 de abril de 862 (50 anos)
preto de Scone
Predecesor Kenneth MacAlpin
Sucesor Constantino I (Causantín mac Cináeda)
Casa Real Alpin
Pai Alpín mac Echdach

Domnall mac Ailpín (gaélico moderno:Dòmhnall mac Ailpein),[1] anglificado ás veces como Donald MacAlpin, e coñecido nas listas máis modernas de reis como Donald I. Nado no 812 e finado o 13 de abril do 862. Foi rei dos pictos de 858 a 862. Sucedeu ao seu irmán Kenneth MacAlpin (Cináed mac Ailpín) no trono.

Na Crónica dos reis de Alba dise que Domnall reinou durante catro años; segundo os Anais do Ulster desde a morte de seu irmán en febreiro de 858 ata abril de 862.[2] Na Crónica:

No seu momento os gaels co seu rei fixeron os dereitos e as leis do reino, [chamadas] do fillo de Eochaid, Aed, en Forteivot [3]

As leis de Aed Find están totalmente perdidas, pero suponse que, ao igual que as leis atribúense a Giric e Constantino II (Caustantín mac Áeda), relacionadas con estes á Igrexa e en particular á concesión dos privilexios e inmunidades comúns notros lugares.[4] A importancia de Forteviot como centro lexislativo, xunto coa morte de Kenneth e a posterior asemblea de Constantino na próxima Scone, poden sinalar este como o corazón do apoio aos filos de Alpin.

A Profecía de Berhchán pode referirse a Donald nos versos 123-124:

O mal será a parte de Escocia debido [á morte de Kenneth MacAlpin]; moito tempo será a isto ata que veña. Moito tempo ata que o rei tome [a soberanía], o fillo cruel da esposa estranxeira. El estará tres anos no reino e tres meses (aínda lles pese a eles). A súa lápida estará en Loch Awe. Morirá de enfermidade.[5]

Aínda que polo xeral suponse que Domnall tivo fillos (supostamente Giric), lendo o seu apelido como mac Domnaill en lugar do común Dúngail.[6] Isto, porén, non é amplamente aceptado.[7]

Donald finou no Palacio de Cinnbelachoir (localización descoñecida) ou en Rathinveralmond (tamén descoñecido, podendo ser o mesmo lugar, crese que estaba preto da bifurcación do río Almendra e o río Tay.) [8] Foi enterrado en Iona.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Domnall mac Ailpín na súa forma en gaélico medieval.
  2. Anais do Ulster, anos 858 e 862
  3. Anderson, ESSH, p. 291, citando a Skene.
  4. Smyth, p. 188.
  5. Anderson,ESSH, p. 292, citando a Skene.
  6. Smyth, p. 187.
  7. Comparar Duncan, p. 11ff.
  8. Anderson, ESSH, p. 291; Duncan, págs. 10-11.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Kenneth I de Escocia
Royal coat of arms of Scotland.svg
Rei de Escocia

858862
Sucesor:
Constantino I de Escocia