Club América

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Club América
Nome Club América
Alcume(s) Águias
Fundación 12 de outubro de 1916
Estadio Estadio Azteca, México DF
Inauguración 29 de maio de 1966
Capacidade 105.064
Presidente Flag of Mexico.svg Ricardo Peláez
Adestrador Flag of Mexico.svg Miguel Herrera
Liga Primeira División
Apertura 2011 17º
Vestimenta Nike
Patrocinador Coca-Cola, Bimbo
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Club América é unha entidade deportiva de México cuxo equipo profesional de fútbol compite na Primeira División de México. Fundado o 12 de outubro de 1916 en Cidade de México, é un dos 2 únicos equipos que nunca descendeu de categoría no campionato ligueiro mexicano dende a creación deste torneo en 1943. Segundo varias enquisas levadas a cabo en México, o Club América é o club de fútbol mais popular do país.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Os mellores anos do club foron os transcurridos entre 1983 e 1992, unha década na cal o club gañou 5 ligas mexicanas e 3 ligas de campións entre outros títulos.

Títulos nacionais[editar | editar a fonte]

Con 10 títulos de liga, o América é o 2º equipo máis laureado do campionato, e está a un só título do CD Guadalajara, que ten 11. Con 10 tamén está o Cruz Azul.

  • Primeira División de México (10) = 1965-66, 1970-71, 1975-76, 1983-84, 1984-85, PRODE 1985, 1987-88, 1988-89, Verán 2002, Clausura 2005
  • Copa de México (6) = 1937-38, 1953-54, 1954-55, 1963-64, 1964-65, 1973-74
  • Campión de Campións (5) = 1954-55, 1975-76, 1987-88, 1988-1989, 2005

Títulos continentais[editar | editar a fonte]

Os 5 títulos continentais do América na máxima competición fan deste equipo o máis laureado de Norteamérica.

Estadio[editar | editar a fonte]

O Club América xoga os seus encontros como local no Estadio Azteca de Cidade de México dende 1966. O recinto é propiedade da empresa de telecomunicacións Grupo Televisa, igual que o club. Cunha capacidade para 105.064 seareiros, é o estadio mais grande de América, e o 3º mais grande do mundo. Nel xogáronse a finais dos mundiais de fútbol de 1970 e 1986, así como o encontro de 1970 alcumado O partido do século que enfrontou a Alemaña e a Italia nas semifinais do mundial e que rematou cun 4-3 na prórroga, ou como o encontro de 1986 entre Inglaterra e Arxentina no cal Maradona marcou o chamado gol do século e a chamada man de Deus; entre outros moitos eventos, como a final olímpica de fútbol de 1968.

Xogadores[editar | editar a fonte]

No. Nome Nacionalidade Posición Idade Observacións
2
Oswaldo Vizcarrondo
Flag of Venezuela.svg
Ficha defensa (3).jpg
(29 anos)
Dende 2012 - Provén do Club Olimpo
3
Aquivaldo Mosquera
Flag of Colombia.svg
Ficha defensa (3).jpg
(32 anos)
Dende 2009 - Provén do Sevilla Fútbol Club
4
Oscar Rojas
Flag of Mexico.svg
Ficha defensa (3).jpg
(32 anos)
Canteirán
5
Jesús Molina
Flag of Mexico.svg
Ficha mediocampista.jpg
(26 anos)
Dende 2011 - Provén do Tigres de la UANL
6
Juan Carlos Valenzuela
Flag of Mexico.svg
Ficha defensa (3).jpg
(29 anos)
Dende 2009 - Provén do Estudiantes Tecos
7
Rosinei Adolfo
Flag of Brazil.svg
Ficha mediocampista.jpg
(30 anos)
Dende 2009 - Provén do Internacional de PA
8
Vicente Sánchez
Flag of Uruguay.svg
Ficha delantero.jpg
(34 anos)
Dende 2010 - Provén do FC Schalke 04
10
Daniel Montenegro Capitán
Flag of Argentina.svg
Ficha mediocampista.jpg
(35 anos)
Dende 2009 - Provén do Independiente
11
Christian Benítez
Flag of Ecuador.svg
Ficha delantero.jpg
(27 anos)
Dende 2011 - Provén do Club Santos Laguna
12
Hugo González
Flag of Mexico.svg
Ficha portero.jpg
(23 anos)
Canteirán
13
Diego Reyes
Flag of Mexico.svg
Ficha mediocampista.jpg
(21 anos)
Canteirán
16
José María Cárdenas
Flag of Mexico.svg
Ficha mediocampista.jpg
(29 anos)
Dende 2012 - Provén do Club Santos Laguna
17
Luis Olascoaga
Flag of Mexico.svg
Ficha mediocampista.jpg
(22 anos)
Canteirán
18
Christian Bermúdez
Flag of Mexico.svg
Ficha mediocampista.jpg
(26 anos)
Dende 2012 - Provén do Club de Fútbol Atlante
19
Miguel Layún
Flag of Mexico.svg
Ficha defensa (3).jpg
(25 anos)
Dende 2010 - Provén do Atalanta FC
21
Lugiani Gallardo
Flag of Mexico.svg
Ficha mediocampista.jpg
(23 anos)
Canteirán
22
Paul Aguilar
Flag of Mexico.svg
Ficha defensa (3).jpg
(28 anos)
Dende 2011 - Provén do Club de Fútbol Pachuca
23
Moisés Muñoz
Flag of Mexico.svg
Ficha portero.jpg
(34 anos)
Dende 2012 - Provén do Club de Fútbol Atlante
24
Daniel Márquez
Flag of Mexico.svg
Ficha delantero.jpg
(29 anos)
Canteirán
25
Renato Michell González
Flag of Mexico.svg
Ficha mediocampista.jpg
(25 anos)
Canteirán
26
Juan Carlos Medina
Flag of Mexico.svg
Ficha mediocampista.jpg
(30 anos)
Dende 2011 - Provén do San Luis Fútbol Club
29
Ademar Rodríguez
Flag of Mexico.svg
Ficha defensa (3).jpg
(24 anos)
Canteirán
30
Vicente Matías Vuoso
Flag of Argentina.svg
Ficha delantero.jpg
(32 anos)
Dende 2010 - Provén do Club Santos Laguna
'
Gil Cordero
Flag of Mexico.svg
Ficha mediocampista.jpg
(22 anos)
Dende 2012 - Provén do Club Veracuz

Ó longo da historia do club, pasaron polas súas ringleiras xogadores como Hugo Sánchez, Carlos Hermosillo, Djalminha, Claudio López, Cuauhtémoc Blanco, Vavá ou Iván Zamorano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]