Lech Kaczyński

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lech Kaczyński
Lech Kaczyński
Lech Aleksander Kaczyński

22 de decembro de 2005 – 10 de abril de 2010
Precedido por Aleksander Kwaśniewski
Sucedido por Bronislaw Komorowski (en funcións)

Datos persoais
Nacemento 18 de xuño de 1949
Polonia Polonia, Varsovia
Falecemento 10 de abril de 2010 (60 anos)
Rusia Rusia, Smolensk
Cónxuxe Maria Kaczyńska
Profesión avogado, político
Sitio web Lech Kaczyński

Lech Kaczyński, nado en Varsovia o 18 de xuño de 1949 e finado en Smolensk (Rusia) o 10 de abril de 2010,[1] foi un político polaco. Exerceu o cargo de presidente de Polonia dende 2005 até so seu falecemento nun accidente de aviación en 2010. Liderou, xunto ao seu irmán xemelgo Jarosław, o partido político conservador Lei e Xustiza (en polaco Prawo i Sprawiedliwość ou PiS).

Entre novembro de 2002 e decembro de 2005 foi presidente da capital do país, Varsovia (un cargo equivalente ao de alcalde).

Lech presentouse candidato a presidente da nación nas eleccións de 2005. Na convocatoria do 9 de outubro de 2005 ficou segundo, por detrás de Donald Tusk, pero conseguiu superarlle na segunda volta que se decidiu na xornada electoral do 23 de outubro.

Familia[editar | editar a fonte]

Lech, e o seu irmán xemelgo Jarosław, eran fillos de Rajmund Kaczyński, enxeñeiro que combateu na Segunda Guerra Mundial, tomando parte no levantamento de Varsovia contra a ocupación alemá en 1944. Ambos os dous irmáns protagonizaron en 1962, á idade de trece anos, na película de aventuras O dwóch takich, co ukradli księżyc (Sobre dous que roubaron a lúa).[2]

Falecemento[editar | editar a fonte]

Durante un voo de Varsovia a Smolensk, o avión en que Kaczyński e maila súa delegación viaxaban estrelouse. Este dirixíase a unha homenaxe en memoria das vítimas da masacre de Katyn. A néboa acompañara ao avión dende a súa saída de Varsovia e durante o voo, o piloto negouse a mudar o rumbo cara Minsk ou Moscova. O accidente produciuse cando o avión quería facer unha manobra de aterraxe no aeroporto de Smolensk (Rusia) e bateu coas copas dunhas árbores provocando que este se incendiase. No accidente morreu Kaczynski xunto cos demais 131 tripulantes, entre eles a súa dona.[3]Segundo o gobernador de Smolensk e a axencia PAP de Polonia (Que cita a fontes rusas), non houbo sobrevivintes.[4] [5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lech Kaczyński

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Aleksander Kwaśniewski
Proporzec Prezydenta Rzeczypospolitej Polskiej.svg
Presidente de Polonia
23 de decembro de 200510 de abril de 2010
Sucesor:
Bronisław Komorowski