Bética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reorganización de Augusto en tres provincias logo das Guerras Cántabras (69): Bética, Lusitania e Tarraconense.

A Bética (en latín Baetica) era unha provincia romana e visigoda de Hispania. Debía o seu nome ao río Betis ou Baetis, hoxe Guadalquivir).

A capital era Hispalis (actual Sevilla). A provincia viña equivaler á actual Andalucía, aínda que algunhas zonas non estaban incluídas [así as actuais comarcas de Linares ou Almería).

A Bética foi provincia senatorial. Era gobernada por pretores. As finanzas eran administradas por un cuestor.

Conventos e cidades[editar | editar a fonte]

Xudiciariamente dividíase en 4 conventos xurídicos, que se nomeaban polas súas capitais:

Posuía 175 cidades, das cales 9 eran colonias, 8 municipios, 29 cidades de dereito latino, 6 cidades libres, 7 cidades federadas (aliadas) e 120 estipendiarias (tributarias). Vespasiano concedeu a todas as cidades o dereito latino.

Ademais das capitais dos conventos, outras cidades importantes eran Itálica ou Tucci.

Pobos[editar | editar a fonte]

Estrabón cita os pobos seguintes: bástulos, bastetanos, turdetanos e beturios; Ptolomeo cita os bastetanos e turdetanos, engadindo ademais os túrdulos e os celtas; Plinio nomea os mesmos que Ptolomeo e Estrabón, menos os bástulos e os turdetanos. Plutarco engade os xirísens. Outro pobo que coñecemos é o dos Ólcades